|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
O
BNG valora o primeiro ano de goberno ZP *Francisco
Rodríguez valora como continuista o primeiro ano de
goberno Zapatero
Redacción,
14 de marzo 2005.
Rodríguez subliña que, en relación a Galiza,
a política do PSOE ten sido continuista coa do PP ao
apostar pola propaganda.
Para o dirixente
nacionalista, o ano do Goberno Zapatero ten luces e sombras.
Entre as primeiras, hai que subliñar algúns avanzos
en materia de liberdades individuais e protección dos
direitos das persoas (homosexualidade, divorcio, protección
da muller...); un maior respeito polo pluralismo político
e o direito de iniciativa nas institucións parlamentares,
en concreto no Congreso; e os intentos por afundar nun cambio na
estrutura institucional do Estado español, se ben os
resultados non acaban de se concretar e se están a
detectar posicións contraditorias e mesmo tendencias a
pactos co PP nesta materia.
Nas
sombras, hai que subliñar: a identificación da
Administración pública co partido e o control dos
meios de titularidade pública; o continuismo na política
económica; e a falla de política industrial coa
asunción de desmantelamento de sectores estratéxicos
como o sector naval que afecta de forma especial a territorios
como Galiza.
No referido ao noso país, Galiza, o
continuismo respeito do PP maniféstase na opción
pola propaganda en vez de polos feitos (visitas do presidente e
de ministros), mentres continúan con lentitude e adiándose
no tempo obras e infraestruturas fundamentais para o país
(ferroviarias, medioambientais, de acceso aos portos...). Esta
tendencia recorre á fraude mesmo cando se fala de
investimentos na Galiza contando como tais as pensións ou
os gastos para paliar as catástrofes do Prestige. Para o
Goberno do PSOE, Galiza segue a ser marxinal e formando parte
dunha realidade de perfil político baixo que o proprio
presidente Zapatero alude como “O Noroeste”. Para o
BNG, esta actuación continuista, paternal e fraudulenta
ten que ser superada por un cambio político na Galiza que
obrigue ao Goberno español a manter outra atitude coas
necesidades do país. Para iso, cómpre un Goberno
nacionalista e que teña a Galiza como ponto de referencia
fundamental.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|