|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
A
CIG ante os despedimentos na antiga Norcontrol *A
CIG rexeita os despedimentos na antiga norcontrol
Redacción,
14 de marzo 2005.
A Federación
Comarcal de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG
da Coruña expresa
públicamente o seu rexeitamento aos constantes
despedimentos de traballadores que se veñen producindo na
empresa SOLUZIONA Calidad y Medioambiente (antiga
NORCONTROL) –filial de Unión Fenosa- desde a súa
recente absorción pola empresa APPLUS, do grupo AGBAR
(Augas de Barcelona).
Reproducimos a continuación
o comunicado ao completo:
A
CIG REXEITA OS DESPEDIMENTOS NA ANTIGA NORCONTROL
Por
medio do presente comunicado, a Federación Comarcal de
Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG da Coruña quere
expresar publicamente o seu absoluto rexeitamento aos constantes
despedimentos de traballadores que se veñen producindo na
empresa SOLUZIONA Calidad y Medioambiente (antiga
NORCONTROL) –filial de Unión Fenosa- desde a súa
recente absorción pola empresa APPLUS, do grupo AGBAR
(Augas de Barcelona).
Desde a absorción, tense
posto en marcha na empresa un expediente de regulación de
emprego encuberto, sen a máis mínima
información ou diálogo cos traballadores, cuxo
resultado teñen sido xa varios despedimentos que a empresa
xustifica como motivados “pola duplicidade de perfís
dalgúns postos” logo da absorción. Desde a
CIG denunciamos a falsidade desta xustificación dado que
unha vez que se produciron as rescisións a empresa
contratou novo persoal para cubrir as vacantes –que por
tanto non eran sobrantes. Mais denunciamos tamén o feito
de que os máis destes despedimentos correspondan a persoal
con contrato indefinido e cunha antigüidade na empresa, por
veces, superior aos vinte anos. A empresa aposta así nesta
nova etapa, con toda claridade, polo traballo temporal, inestábel
e precario, preferindo os “contratos-lixo” aos
indefinidos.
Desde a CIG compartimos a fonda preocupación
dos traballadores de SOLUZIONA, que temen que estes despedimentos
non sexan os únicos e vaian a máis nos próximos
meses, así como a súa indignación diante do
escurantismo con que a empresa estivo e está a actuar
respecto do proceso de “integración”,
negándose a informar sobre o mesmo ao conxunto dos
traballadores. Claro que tampouco é de estrañar
tendo en conta que un dos elementos que caracteriza a SOLUZIONA,
cando menos na Galiza, é a represión sindical
existente: a falta de participación e control dos
traballadores sobre a empresa veulle permitindo a esta cometer,
sen ter que dar explicacións, outras irregularidades:
cesións ilegais de traballadores a outras empresas,
persoal con contrato por obras inexistentes ou por obra
determinada pero con outra dedicación, etc.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|