|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
anuncia que desde a presidencia da Xunta porá en marcha o
proxecto “Galiza emprendedora 2005-2009”, para
emprestar apoio a emprendedores e autónomos
Redacción,
14 de abril 2005. A Fraga: “Que deixe de chamar ladróns
aos demais, é el quen está a roubar o soño de
moita xente ao usar fundos públicos non en criar riqueza,
senón en financiar a súa campaña eleitoral
para lograr unha reelección que, se poña como se
poña, ten imposíbel”. O BNG
vai pór en marcha desde a presidencia da Xunta de Galiza,
apartir do próximo mes de Outubro, o proxecto “Galiza
Emprendedora 2005-2009”, un programa para emprestar apoio a
emprendedores e autónomos, anunciou hoxe o portavoz
nacional da formación nacionalista, Anxo
Quintana.
Quintana,
quen se entrevistou na mañá de onte cunha
representación da directiva da Unión de Profesionais
e Traballadores Autónomos (UPTA), está convencido do
enorme potencial de criazón de riqueza “que teñen
os emprendedores galegos”. “Só hai que
emprestarlle apoio desde a Administración Pública,
unha Administración pública que estea ao servizo da
sociedade e que non a parasite, como a actual”, afirma o
portavoz nacional.
O proxecto 2005-2009 operará
sobre tres eixos: o primeiro pasa pola criazón dunha
entidade administrativa especial que terá como nome “Galiza
Emprendedora” e coa que a Administración pública
financiará, coparticipará e xestionará
iniciativas de desenvolvimento e innovación tecnolóxica
e comercial dos emprendedores, nomeadamente mulleres e menores de
35 anos. Un segundo aspecto central será a criazón
de liñas de apoio económico directo, a meio de
créditos brandos e incentivos fiscais. Por último, o
Goberno galego presidido por Anxo Quintana promoverá unha
Carta de Servizos Aos Emprendedores, que complementará o
Estatuto dos Traballadores Autónomos que elabora o Goberno
do Estado, e que terá como obxectivo a mellora da cobertura
social dos autónomos e emprendedores.
“Hai
unha Galiza que acredita no futuro e que cría riqueza e
outra que representa o pasado e que personifica o Goberno Galego.
Fraga ten que deixar de chamar ladróns aos demais, é
el quen está a roubar os soños de moita xente. Fraga
emprega os cartos públicos non en financiar políticas
eficientes que críen riqueza, senón en financiar a
súa campaña eleitoral para unha reelección
que, se poña como se poña, ten imposíbel”,
acrecenta o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|