|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Recollidas
xa 8.000 sinaturas a favor da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)
en defensa dos ríos galegos
Redacción,
14 de abril 2005. A campaña a
favor da INICIATIVA para a protección, a conservación
e a mellora dos ríos galegos botou a andar o día 10
de marzo co reparto de pregos para a recolla de sinaturas. A un
mes de andaina xa se recolleron arredor de 8.000, máis da
metade das sinaturas precisas (15.000) para que sexa debatida no
Parlamento Galego. A Lei quere asegurar un futuro con vida para os
ríos galegos.
A evolución da recolla de
sinaturas supón un éxito sen precedentes na
promoción das iniciativas lexislativas populares en Galiza,
o que nos fai agoirar unha boa acollida, dado o transcendental do
tema. Toda a sociedade é consciente de que os ríos
atópanse hoxe en perigo. A proliferación de encoros
e minicentrais está a servir de acicate para que toda a
sociedade se sensibilice coa problemática e faga un esforzo
para defender un patrimonio natural común: os nosos
ríos.
As
sinaturas recollidas son de toda condición social e de
todos os lugares do país, tal como reflite o esquema que
está pendurado na web da iniciativa, en
http://www.ilprios.org/paxinas/sinaturas.htm.
Diversos artistas e intelectuais estanse a sumar co seu apoio
público á INICIATIVA (pódese consultar a
relación en http://www.ilprios.org/paxinas/artistas.htm).
A iniciativa está sendo impulsada por un amplo e diverso
conxunto de organizacións
(http://www.ilprios.org/paxinas/participantes.htm).
A ILP en defensa dos ríos quere contribuír a deter a
alteración dos ríos galegos e a atinxir os
obxectivos da Directiva Marco da Auga. Esta Directiva, xa en
vigor, ordena previr calquera nova deterioración dos
ecosistemas acuáticos até atinxir como mínimo
o “bo estado” de todas as augas.
Alén
disto convocan pata hoxe ás 11:00 unha concentración
diante do organismo de Augas de Galicia sito
na Praza Camilo Díaz Valiño (fronte a estación
de autobuses).
Mediante este acto queren manifestar o seu
rexeitamento ás novas concesións de explotacións
de encoros en varios ríos do País, que veñen
de publicarse recentemente, denunciando asemade o impacto e
degradación ambiental que supoñen os encoros e
minicentrais que se están a executar e os centos delas que
hai en proxecto.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|