Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*
Galiza Nova da comarca da Coruña exixirá mañá 16 de abril un servizo de tren de cercanías para a comarca da Coruña


Redacción, 15 de abril 2005. Este acto está inserido na campaña por un verdadeiro Plano de Transporte Comarcal que a organización xuvenil do BNG está a desenvolver e leva por título “SÚBETE AO TREN!”. O acto pretende pór de actualidade, máis unha vez, unha vella demanda do nacionalismo galego na comarca coruñesa: a necesidade e viabilidade dun servizo ferroviario de cercanías nunha comarca que, coas súas características, é das pouquísimas do Estado que aínda non dispón del. Máis aínda cando nin sería preciso construír novas vías ou novas infraestruturas básicas: a comarca dispón xa dunha liña A Coruña-Betanzos-Ferrol, outra A Coruña-Lugo-Monforte e outra máis A Coruña-Vigo que ben se poderían aproveitar para a creación de liñas de cercanías regulares, dando pé mesmo á creación doutras novas.

Desenvolverase este sábado 16 de abril, comezando ás 18 horas na estación do tren da Coruña cun reparto de material reivindicativo sobre o cuestión. Desta estación sairemos ás 18.40 cara á de Cambre no tren A Coruña-Monforte recollendo xente nos apeadoiros da Universidade e do Burgo (Culleredo).

Unha vez en Cambre, ás 19.00 horas terá lugar no exterior da Cervexaría O Andén, xunto á propia estación da vila, un acto político no que participará o deputado do BNG no Congreso Francisco Rodríguez.
Ás 21.20 tomaremos o tren de volta camiño da Coruña.


Voltar a novas

Ver anteriores