|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
O
SLG esixe a retirada da nova orde *
O
SLG pídelle a Medio Ambiente a paralización
inmediata da orde para fomentar a forestación de terras
agrarias
Redacción,
16 de marzo 2005.
O
desenvolvemento desta nova lei suporá un atranco
insalvábel para miles de explotacións agropecuarias
en Galiza e dificultará máis aínda a
incorporación de xente nova ao agro. O Sindicato
Labrego tentará acadar o apoio de Política
Agroalimentaria, Política Territorial e Sanidade para que
paralicen esta orde.
O Sindicato Labrego Galego (SLG) vén
de esixir formalmente a retirada da orde que está
preparando a Consellaría de Medioambiente, coa que se
pretende regular o fomento da forestación de terras
agrarias, por consideralo como un forte atranco ao
desenvolvemento rural, agrario e gandeiro do noso país.
Ademais, o SLG vai iniciar unha rolda de contactos coas
consellarías de Política Agroalimentaria, Política
Territorial e de Sanidade para que paralicen esta orde e impidan
o troco no uso das poucas terras agrarias que nos
quedan.
Asemade,
o Sindicato Labrego Galego pedirá que o diñeiro que
se pretende empregar para este novo plan de forestación de
terras agrarias se utilice no pagamento do volume total das
indemnizacións compensatorias para zonas desfavorecidas e
de montaña, das que depende a viabilidade económica
de moitas explotacións galegas, e nas medidas
agroambientais.
Dispor
de terra, de superficie agraria útil (SAU), é
fundamental para manter a actividade agraria e gandeira en
calquera país que queira acadar un nivel de
desenvolvemento axeitado. De feito, no espacio europeo no que
estamos integrados, en ningún estado está a
superficie agraria útil por debaixo do 40%.
Non
embargante, a Xunta de Galiza levou adiante, nos últimos
anos, unha política moi agresiva de forestación de
terras agrarias que provocou que, a día de hoxe, en
calquera informe sobre a actividade agraria ou sobre o medio
rural apareza a diminución de SAU como un problema
grave.
Así, o informe sobre o subsector
agrogandeiro e forestal en Galiza, elaborado polo Consello
Economico e Social de Galicia (CES), pon de manifesto que xa no
período 1995 / 2000, a SAU galega era do 22%, fronte á
SAU española que era do 51%.
Actualmente, estímase
que a SAU na Galiza está en torno ao 15%. Isto significa
unha forte hipoteca para as explotacións que non poden
acadar dimensións adecuadas, non poden reducir a carga
gandeira, e vense na obriga de depender fortemente das empresas
de alimentación animal. Por outra banda, as persoas mozas
que se queren incorporar á actividade agraria están
tendo serios problemas para poder acceder á terra.
Galiza
non precisa seguir fomentando a forestación de terras
agrarias; pola contra, precisa todo o contrario: recuperar terras
aptas para a actividade agrogandeira que na actualidade están
forestadas.
O problema da base territorial das
explotacións é tan evidente que mesmo no documento
“A Galiza do 2020” que ten elaborado a Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural (AGADER) aparece como un problema
importante.
Pero se analizamos esta cuestión dende
outras perspectivas, atoparemos que a forestación de
terras agrarias xera problemas de tipo social que van alén
dos estrictamente relacionados coa actividade agropecuaria e
afectan á cidadanía no seu conxunto:
Saúde:
A esta alturas, xa ninguén dubida que a base para unha boa
saúde é ter unha alimentación san e
nutritiva. A falta de terra leva, por unha banda, á
dependencia na alimentación animal (xa vimos o que pasou
coas vacas tolas) e, pola outra, á intensificación
da produción (o que provoca aumento dos residuos nos
alimentos e diminución do seu valor nutritivo). Por esta
razón, e porque entendemos que saúde non consiste
só en actuacións médicas, é polo que
imos dirixirnos ao Conselleiro de Sanidade, solicitando que se
posicione.
Medio
ambiente: A intensificación da produción é
unha importante fonte de contaminación das terras e das
augas e, ademais, a falta de acceso á terra provoca un
maior abandono do medio rural, co cal os incendios forestais
seguirán sendo un grave problema. Por isto, resulta
chocante que sexa o propio Conselleiro de Medioambiente quen
estea promovendo unha orde para fomentar a forestación de
terras agrarias.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|