|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
A
Mesa segue coa defensa da lingua no ensino *A
Mesa segue adiante coa súa loita polo cumprimento do
decreto 247/95 sobre ensino en galego
Redacción,
16 de marzo 2005.
Acusa
aos inspectores e inspectoras do ensino de ter unha actitude
“neglixente e nugallá” e anuncia que esixirá
a comparecencia nos xulgados de todos eles. Un 68% dos
centros de ensino secundario segue sen cumprir os mínimos
legais de docencia en galego, segundo un estudo realizado pola
asociación de defensa da lingua.
Así
o informaron Carlos Manuel Callón e María Xosé
Jamardo, Presidente e Secretaria Xeral d’A Mesa, nunha
rolda de prensa na que tamén sinalaron que avanzarán
no proceso contencioso – administrativo que levan dende o
pasado curso contra a Xunta e Inspección Educativa. Este
proceso é paso previo a unha denuncia xudicial que “por
longa, non é a millor vía, mais si exerce grande
presión”.
Indicaron
que, se ben houbo pequenos avanzos, a situación non mudou
sustancialmente respecto á que levou ao proceso
mobilizador no curso pasado. Lembraron a exitosa participación
do 85% do estudantado da folga estudantil coa que o 28 de abril
de 2004 culminaba o dito proceso. Este éxito provocou cara
finais do curso pasado certa reacción dende a Consellaría
de Educación. que cando menos “obrigou aos
inspectores e inspectoras a inspeccionar”. Mais, segundo A
Mesa, esa reacción non se concretizou en medidas para
arranxar a situación, e por iso a asociación retoma
agora, tras deixar “un tempo de espera de boa vontade”,
as actividades.
Carlos Manuel Callón:
“Pediríalle a Celso Currás que retire a pá
do lombo e deixe de ser o enterrador do galego”
O
Presidente d’A Mesa, despois de confirmar a persistencia do
ensino españolizado como principal elemento
desgaleguizador, acusou ao Conselleiro de Educación, Celso
Currás, de ser o principal culpábel da situación
por ser el responsábel último de facer cumprir a
legalidade na sua consellaría.
Ao
tempo, lembrou que o cumprimento do decreto 247/95 non é
máis que un pequeno avanzo cara o obxectivo último
da plena galeguización do ensino, e que é
compromiso do Goberno Galego, aprobado por unanimidade no
Parlamento, a docencia en galego do 50 % das horas dende o curso
2005/2006.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|