|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
A
Mesa pídelle a Currás que “termine coas
mentiras” *A
Mesa acusa ao Conselleiro de
Educación de non ter conciencia cívica e pídelle
que termine coas “mentiras e manipulacións”
Redacción,
16 de marzo 2005.
Carlos
Callón, Presidente da Mesa: “Celso Currás non
ten conciencia do valor das normas, por iso consente o
incumprimento do decreto de galeguización do ensino”. A
Mesa considera que a Consellaría de Educación é
“caricaturesca” ao soster que non ten datos sobre o
cumprimento do Decreto e ao mesmo tempo defender que se cumpre ao
100%
O
Director Xeral de Política Lingüística,
dependente do Conselleiro de Educación, declarou que
carece de datos sobre o cumprimento do Decreto 247/95 (que regula
as materias mínimas a impartir en galego no ensino non
universitario) no presente curso escolar e que non os terá
até o mes de xuño. Sostivo tamén que o
Decreto se cumpre ao 100% e, contraditoriamente, que hai
funcionarios docentes que se opoñen a cumprilo. O
Presidente da Mesa, Carlos Manuel Callón, considera que as
declaracións de Jesús Pablo González
Moreiras, Director Xeral de Política Lingüística,
evidencian unha “escasa seriedade” e que, polo seu
grao de contradición, mesmo resultan
“caricaturescas”.
Para
o Presidente da Mesa, “nin o Director Xeral de Política
Lingüística nin o Conselleiro de Educación
teñen conciencia cívica do valor das normas, por
iso consenten a vulneración continuada do Decreto 247/95.
Para eles, as normas dependen do estado de
ánimo do día, son unha relatividade que varía
segundo o momento e as intuicións. Isto supón unha
falta de conciencia tamén do que debe ser unha sociedade
moderna. Fronte a iso, hai que lembrar que a mellora da sociedade
se basea no pacto e nas normas.”
A
Mesa pídelle a Celso Currás que a Consellaría
de Educación cese a súa campaña de “mentiras
e manipulacións” sobre o nivel de galeguización
do ensino e que se tomen medidas concretas e urxentes, neste
curso, para aqueles centros de ensino que continúan a
recomendar libros de texto que non están en galego para
materias que se deberían impartir en galego desde hai unha
década. “A vulneración no relativo aos libros
de texto é a punta do iceberg que nos leva a facernos
moitas outras preguntas: Como é posíbel que a
Inspección educativa non sexa capaz en dez anos de evitar
que haxa libros de texto ilegais nos centros de ensino? Cal pode
ser a verdadeira situación do ensino cunha inspección
tan neglixente?”
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|