Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
O asfalto ameaza as Brañas de Sada

Redacción, 16 de abril 2005.
Hai dúas semanas que as paleadoras municipais están a rechear unha parcela contígua ó espacio natural das Brañas de Sada, ameazando a conservación dunha paraxe de grande interese ecolóxico para o medio-ambiente galego. Segundo indica ADEGA-Coruña as obras estanse levando a cabo sin os preceptivos informes ambientais que dictaminen a viabilidade da mesma; as autoridades ambientais non iniciaron ainda ningunha paralización cautelar das obras, pese a ter coñecemento da súa realización.

ADEGA-Coruña e
ntende que é necesaria unha rápida intervención para impedir o total deterioro da zona afectada.

As Brañas de Sada, un espacio natural enclavado no centro do concello de Sada, que constitúen un humidal de gran valor ecolóxico e alberga especies protexidas de interese comunitario e estatal (Martiño peixeiro, lontra, Garza pequena...). Tamén é de mencionar a riqueza da comunidade de anfibios, presencia de aves acuáticas, e a existencia de un bosque aluvial de freixos e ameneiros nas súas ribeiras.


Voltar a novas

Ver anteriores