|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
acusa a Fraga de querer tapar con toneladas de propaganda a súa
irrelevancia na política do Estado
Redacción,
16 de abril 2005. “Cando eu
sexa presidente, Fraga terá que responder desde a oposición
de cada euro que se teña gastado irregularmente” O
portavoz nacional do BNG,
Anxo Quintana, acusa hoxe a Manuel Fraga de quere tapar con
“toneladas de propaganda” pagadas cos cartos dos
contribuíntes “a súa irrelevancia na política
do Estado”.
Para o líder nacionalista,
resulta un espectáculo “patético” ver ao
presidente do Goberno galego “apresentar como único
balanzo da súa xestión a súa incapacidade
para conseguir que o Goberno do Estado atenda as súas
demandas”. “O único que leva feito Fraga no
último ano de goberno é mandar cartas e papeis a
Madrid que acaban directamente na papeleira. Ao Goberno de Madrid
Fraga sáelle gratis, como lle saíu tamén aos
gobernos presididos por Aznar”, afirma o portavoz nacional
do BNG, para quen a ineficacia de Fraga “a pagamos todos os
galegos e galegas”.
Quintana
quer tamén exixir a Fraga que poña fin ao “espolio
partidista” de fundos públicos que o Goberno galego
inxecta na súa maquinaria de propaganda. “A
indecencia de Fraga está a alcanzar limites insospeitados.
Utiliza sen rubor cartos públicos para financiar a súa
campaña eleitoral e para contentar as camarillas do seu
partido. É un despilfarro, ademais, inútil, porque o
cambio político, o cambio galego que representa o BNG, está
en marcha e é imparábel”, acrecenta o portavoz
nacional.
O líder dos nacionalistas galegos advirte
ao Partido Popular que “cando eu sexa presidente, Fraga terá
que responder desde a oposición de cada euro que se teña
gastado irregularmente”. “O Goberno que o BNG aspira a
presidir auditará escrupulosamente todos e cada un dos
numerosos contratos e adxudicacións feitos a dedo –ou
concedidos de maneira opaca- que o Goberno galego ten adxudicado
durante o último ano con fins exclusivamente eleitorais e
propagandísticos”, engade Quintana.
“Neste
último ano”, denuncia o portavoz nacional, “o
Goberno de Fraga non ten tomado unha soa decisión de
goberno que mereza tal nome e que supoña enfrentar con
decisión os problemas que afronta a Galiza do Século
XXI. En nengun dos asuntos que preocupan especialmente aos
galegos, a igualdade de oportunidades, o emprego de calidade, ou
as listaxes de espera nos hospitais públicos, ten adoptado
nengunha medida relevante o Goberno de Galiza”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|