|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Abrirán
as comportas do río Xallas e porán a funcionar a
fervenza
Redacción,
16 de abril 2005. Membros
de grupos ecoloxistas e de distintas organizacións que
forman parte da promotora da INICIATIVA
LEXISLATIVA POPULAR para a protección, a conservación
e a mellora dos ríos galegos abrirán hoxe sábado
16, as comportas da fervenza do río Xallas no Ézaro
(Dumbría/Carnota).
Con esta acción queren
manifestar o seu rexeitamento á burla que supón que
o Xallas, o único río de Europa que desemboca en
fervenza no mar, conte cun encoro no último treito e teña
que saír ao mar por unhas tubarias.
Asemade,
tamén se quere pór de relevo o cinismo das
autoridades públicas que se atreven a inaugurar unha
fervenza para que só funcione os domingos do mes de agosto
no intervalo entre ás doce e a unha da tarde, no canto de
valorar que contamos co único río de Europa que
desemboca en fervenza no mar para esixir a demolición do
encoro xa que é máis rendíbel cultural,
social e turisticamente que a cantidade de watios para unha
empresa privada que poida producir o encoro.
Os
ríos galegos constitúen un patrimonio natural que
agocha unha biodiversidade de flora e fauna dun valor
incalculábel e están sendo estragados por
encoros e minicentrais, cando nada hai de xustificábel que
se siga a impulsar, por parte da Xunta de Galicia, o
aproveitamento hidroeléctrico sendo Galiza un país
que exporta máis dun tercio da enerxía
eléctrica que producimos e que nada repercute
economicamente na nosa terra (a provincia de Ourense é a
que máis enerxía hidroeléctrica produce do
estado e é unha das provincias das máis
pobres do estado).
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|