Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns

Google






Refenendum T.C.europeu
*
O non podería gañar no referendum do día 20 se se celebrase hoxe

Redacción, 17 de febreiro 2005. A falta tan só de tres días para a celebración do referemdum do Tratado C. europeu o non podería gañar tanto na Galiza coma no estado. Despois das enquisas realizadas por esta casa a pé de rúa en diversas localidades galegas, a opción do non sería a máis escollida, o 21,97% dos enquisados votaría non se o referendum fose celebrado hoxe, o 19,21% votaría si, o 6,04% en branco e o 53,78% restante manifestan que non teñen intención de ir votar o vindeiro día 20.

Os datos para o estado serían moi parecidos aínda que a participación sería algo máis elevada.

Estes datos non poderían ser máis alentadores á vez que indignantes. Por unha banda parece que gañaría o non, e iso suporia que ZP e os que decidiron como e cando impoñer este Tratado, terían que dar marcha atrás e redactar un novo texto, atendendo ás demandas da cidadanía: unha europa máis democrática, social, e dos pobos. Pero á analise dos datos vennos a dicir que a opción que realmente gañaría sería a abstención, cuns datos que auguran un 55% de abstención aproximadamente, o que realmente queda claro é o falta de interese por parte de PSOE e PP en que a xente participe. En resumidas contas como se dicia na Europa do despotismo ilustrado: “todo para o pobo, pero sen o pobo”.


< voltar a novas









Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



E ti, ainda non sabes o que vas votar?

Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!