|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
Tratado
europeu *O
Tratado polo que se estabelece unha constitución para
Europa, da carta branca á pena
de morte
Redacción,
18 de febreiro 2005.
Segundo as últimas informacións achegadas á
nosa redacción e despois de contrastar persoalmente a
información no propio texto do
tratado(www.constitucioneuropea.es),
podemos afirmar rotundamente que a chamada “constitución
europea” contempla a pena
de morte.
Así nas
"Declaracións anexas á Acta final da
Conferencia Intergobernamental e Acta final", que é
un dos múltiples anexos e protocolos que “completan
o texto” do tratado, inclúese un apartado chamado
"Explicacións sobre a Carta dos Dereitos
Fundamentais", pois ben, nas “explicacións”
referidas ao “Dereiro á vida”(artg. II-62),
dise: “Toda persoa ten
dereito á vida.Ninguén poderá ser condenado
á pena de morte nin executado.” e
mastízase o seguinte: "
A morte non se considerará inflixida con infracción
deste artigo cando se produza como consecuencia dun recurso á
forza que sexa absolutamente necesario: a) en defensa dunha
persoa contra unha agresión ilexítima; b) para
deter unha persoa conforme dereito ou para impedir a evasión
dun preso ou detido legalmente; c) para reprimir, de acordo coa
lei, unha revolta ou insurrección." e
continúa con:
"Un
Estado poderá prever na súa lexislación a
pena de morte por actos cometidos en tempo de guerra ou de perigo
inminente de guerra; esta pena soamente se aplicará nos
casos previstos pola dita lexislación e conforme o
disposto nela..."
Estas
”explicacións” sob os dereirtos demostran unha
vez máis que este tratdo que nos queren vender, pode ser
de todo menos social e democrático, e podemos afirmsr unha
vez máis que de se aprobar este tratado, sufriríamos
un grande recurte de dereitos, como o que exolicamos nas liñas
anteriores, mais tamén no que serefire aos dereitos
laborais, sexuais, reprodutivos, socias.......(subtituese o
dereito ao traballo polo “dereito a traballar”, para
este tratado non existen os homosexuais, nin o dereito ao aborto,
nin á eutanasia, nin.....)
Pola importancia da
noticia pregámosvos que a difundades a todos os vosos
e todas as vosas coñecidos e coñecidas o antes
posíbel, para conseguier que entre todos e todas se faga
un texto mellor e que realmente avance en dereitos, en troques de
eliminalos. Por iso dende Aroutada!Informa pedimosvos que
fagades un esforzo na xornada do día 20 para dicirlle aos
que fixeron este texto que é posibel unha europa mellor!,
e para dicirllelo que mellor forma que votar NON a este tratado o
día 20.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

E
ti, ainda non sabes o que vas votar?

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|