Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*
Homenaxe do Morrazo ao poeta Manuel María


Redacción, 18 de abril 2005. Os días 21, 22 e 23 de abril de 2005 no Auditorio Municipal de Cangas terá lugar unha nova Homenaxe ao poeta nacional, Manurel María. O acto constará de tres partes, unha Mesa Redonda, Manuel María, poeta nacional, un Recital Poético e un Concerto, segue a ler para consultar con máis detalle o programa:

MESA REDONDA

Manuel María, poeta nacional
Auditorio Municipal de Cangas Xoves, 21 de abril ás 20 horas
coa participación de intelectuais e escritores amigos coñecedores da súa obra  MANUELA ÁLVAREZ, XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR, BAUTISTA ALVAREZ e BERNARDINO GRAÑA. Presenta PILAR FERNÁNDEZ, poeta.

RECITAL POÉTICO
Día 22 de abril, venres ás 20,00 no AUDITORIO MUNICIPAL de Cangas.
Leitura de poemas de Manuel María. Coa participación do gaiteiro Iván Costa Blanco e a Coral Polifónica de Bueu

CONCERTO MUSICAL
Sábado, 23 de abril ás 21 horas no auditorio Municipal de Cangas coa participación de: Na Virada,  Tino Baz,  A Quenlla, Xavier Blanco, grupo de baile Axoúxeres- Meiramar: estrea da “Danza do Espantallo” (escenificación dunha escena agrícola) , Grupos tradicionais de Gaitas Manxadoira (Bueu)  e Tromentelo (Coiro).

Entidades que organizan e patrocinan os actos:


Asociación Cultural A Cepa (Cangas)
Asociación de Mulleres (Moaña)
Asociación Cultural de Meiro (Bueu)
Asociación Nós (Moaña)
Asociación Xiria (Cangas)
Asoc. Cult. As Lagoas (Bueu)
A.C. Cacarexo. Coiro (Cangas)
Lonxa Literaria (Moaña)
Casa Museo de Camaño Xestido A Mangallona
Asociación de Veciños Rio Bouzós (Coiro)
Embarcacións Tradicionais (Bueu)
Casa dos Druídas (Vilaboa)
Clube de Xadrez (Bueu)
Cine- Club (Cangas)
Cine-Clube ( Bueu)
Libraría Maraxe (Cangas)
Libraría O Puntillón (Moaña)
Libraría Viláfer- Paula (Cangas)
Libraría Abrente (Bueu)
Agrupación Axóuxeres- Meiramar (Moaña)
Grupo Tradicional Manxadoira (Bueu)
Agrupación Musical Na Virada.
Coral Polifónica de Bueu
Equipo de Normalización Lingüística CEIP Espiñeira (Aldán)
Teleinmobiliaria Caerpuma, S. L.
Faro de Vigo
Auditorio Municipal de Cangas
Concello de Cangas
Concello de Moaña
CIG- Ensino (Morrazo)
Deputación Provincial de Pontevedra.
Asociación de Escritores en Lingua Galega
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Mesa pola Normalización Lingüística
Xornal A Nosa Terra


Voltar a novas

Ver anteriores