|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
advirte de que Fraga responderá como xefe da oposición
até do último euro con cargo ao erario público
gastado en financiar a súa campaña
eleitoral
Redacción,
18 de abril 2005. O
portavoz nacional do BNG,
Anxo Quintana, advirtiu o pasado dia 16 en Vilar de Santos ao
presidente da Xunta que, unha vez que pase á oposición,
“responderá até do último euro con
cargo ao erario público gastado en financiar a súa
campaña eleitoral”.
Na intervención de
clausura das xornadas organizadas polo BNG da comarca de Allariz-A
Limia sobre política industrial e parques empresariais,
Quintana acusou a Fraga de financiar a súa campaña
eleitoral desde o poder e “a costa dos nosos petos”.
Cando
sexa presidente, ordenarei que se auditen todos e cada un dos
contratos que a Xunta de Galiza ten adxudicado este ano, a dedo ou
de xeito opaco, para financiar a campaña eleitoral do PP. O
PP e Manuel Fraga terán que responder até do último
euro”, afirmou Anxo Quintana.
“A Fraga non lle
fan caso en Madrid, pero non é que non llo faga agora
Zapatero, é que tampouco llo fixo no seu día Aznar”,
dixo Quintana. “Ter un presidente que non é capaz de
facerse respeitar en Madrid é unha desgraza para Galiza”,
engadiu.
Quintana coida que o PP e Fraga actúan “á
desesperada” porque se saben xa derrotados. “O que
Galiza quer é un presidente novo, unha equipa de Goberno
renovada, e non un presidente acabado e fracasado que é
incapaz de apresentar un balanzo de logros aos cidadáns. Os
galegos non elixen aos seus gobernantes para que se limitan a
chorimicar; elíxenos para que apresenten resultados, para
que dean conta dunha xestión eficaz. Fraga do único
que pode dar conta é dos seus fracasos”, conclúe
Quintana.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|