|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
anuncia que un goberno nacionalista oferecerá “solo
industrial a baixo prezo”
Redacción,
18 de abril 2005.
“A actual política da Xunta en materia de solo
industrial é unha política dirixida a facer negocio
con prezos prohibitivos e non favorece o crecimento do sector
industrial”. A Xunta de Galiza debe modificar a súa
política de solo industrial e parques empresariais para que
deixe de estar orientada a “facer negocio sobre a base da
venda de parcelas a prezos prohibitivos” e teña, en
cambio, o obxectivo de favorecer a instalación de empresas
e a criazón de riqueza.
Esta é a principal
conclusión das xornadas que sobre política
industrial e de parques empresariais organizou o BNG da comarca de
Allariz-A Limia, segundo puxo de relevo Anxo Quintana durante a
súa intervención no acto de clausura.
“De
igual maneira que se fai coas infraestruturas, o Goberno galego
debería inxectar investimento público non retornábel
en materia industrial. O Goberno que aspiro a presidir oferecerá,
desde logo, solo industrial a baixo prezo. Actualmente, a Xunta
limítase a imputar no custo final das parcelas todo o que
investiu nelas. Desa maneira, o prezo final é prohibitivo e
fica fóra do alcance de moitas empresas”, argumentou
Quintana.
“O obxectivo final da política
industrial non pode ser facer negocio cos parques empresariais,
senón dinamizar este sector e fomentar a instalación
de novas empresas”, acrecentou.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|