|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
Consello Nacional do BNG aproba por unanimidade a proposta de
resolución apresentada por Anxo Quintana e insta á
militancia a continuar a traballar polo cambio galego
Redacción,
18 de abril 2005. O
Consello Nacional do BNG
aprobou esta mañá por unanimidade a proposta de
resolución apresentada, en nome da Executiva Nacional, por
Anxo Quintana nunha reunión que apenas durou unha hora e
que tivo como único ponto na súa orde do día
a recepción por parte do organismo da renuncia de Xosé
Manuel Beiras á presidencia.
Através
desta proposta de resolución, o Consello Nacional lamenta a
decisión adoptada por Xosé Manuel Beiras e, ao mesmo
tempo, expresa o seu respeito perante ela.
O
Consello Nacional afirma asemade o carácter de Xosé
Manuel Beiras como referente do nacionalismo galego e expresa o
seu desexo de que, con independencia do posto que en cada momento
ocupe, continúe a contribuír ao ascenso do Bloque
Nacionalista Galego.
O Consello Nacional acordou tamén
que a presidencia do organismo fique vacante até a próxima
asemblea nacional e que as funcións atribuídas a
este cargo sexan asumidas polo Consello Nacional no seu conxunto.
Será o portavoz nacional quen directamente asuma a
faculdade de convocatoria do máximo organismo do BNG entre
asembleas nacionais.
O Consello Nacional insta tamén
á militancia a que continúe a traballar pola
consecución do cambio galego na convición de que
existe unha grande maioría social que entende que a chave
para que se produza un cambio real no noso país pasa porque
Galiza teña un presidente nacionalista por vez primeira na
súa historia.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|