|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
“Retiro
espiritual do Goberno Fraga” *Quintana,
afirma que este será o “último retiro
espiritual" do Goberno Fraga
Redacción,
19 de marzo 2005.
O
portavoz nacional do BNG,
Anxo Quintana, pronosticou onte en rolda de prensa que este será
o “ultimo retiro espiritual” do Goberno presidido por
Manuel Fraga, a quen formulou un decálogo de preguntas
sobre os problemas que, ao seu ver, foi incapaz de dar resposta
ao longo de 15 anos. Quintana deu a coñecer ademais as dez
perguntas sen resposta do Goberno Fraga e as 10 respostas do
que será o primeiro goberno nacionalista na historia de
Galiza.
“Inicia
un novo retiro monacal e é un bon momento para
preguntarlle por que somos 146.000 galegos menos dende que chegou
ao poder, cunha taxa de desemprego por riba da media estatal, con
200.000 empregos menos no campo e o deterioro do sector agrario e
pesqueiro”, interpelou Quintana.
Ante
esta situación, denunciou, que o presidente da Xunta,
“máis que retírase a meditar o que fai e
fuxir e agacharse até o retiro final”. Neste
sentido, o portavoz nacionalista amosouse convencido de que “este
será o último retiro do Goberno Fraga, a última
oportunidade que terá para meditar sobre o seu futuro na
oposición, e iso será unha novidade, que Fraga e o
que representa o PP, por primeira vez, farán política
dende a oposición”.
Para o BNG o mercado
laboral, a sanidade, a educación, a investigación e
o desenvolvemento acaparan algúns dos problemas de Galiza
que o Goberno popular deixa sen resolver. Sete de cada dez novos
parados son xente nova e con titulación media ou superior,
200.000 tiveron que emigrar nos últimos 15 anos, e as
mulleres soportan a taxa de precariedade laboral máis alta
de Europa. En sanidade, Quintana pediu a Fraga que explique por
que Galiza é unha das poucas comunidades onde o Goberno
pretendeu impor un imposto especial para facer fronte ás
deficiencias de xestión sanitarias, ou por que unha muller
ten que esperar máis de 80 días para ser atendida
na sanidade pública.
“O feito de ter pensións
máis baixas, menor investimento en educación e en
novas tecnoloxías, coa universidade peor financiada de
España, ou por que Galiza ocupa os últimos postos
do Estado en construcción de vivenda pública,
vivenda protexida e vivenda de aluger, son as cuestións
sobre as que debe reflexionar o Goberno recluído en Santo
Estevo”, alegou.
“A sociedade galega sabe que
se debe á falla de compromiso e á incompetencia do
Goberno de Fraga, por iso a sociedade galega, máis que
retiros espirituais, demanda cambio e respecto, un Goberno de
xente comprometida con Galiza que non precise de exercicios
espirituais cada ano”, recalcou.
Quintana, escéptico
ante o resultado do retiro, expuxo as propostas nacionalistas
para afrontar esta situación, cunha grande aposta polo
emprego que prevé a criazón de 50.000 postos de
traballo de calidade. “Investiremos o 1% do PIB en
políticas activas de emprego”. Contra as listas de
espera, o BNG anuncia unha espera máxima de 60 días,
pondo a disposición do doente, de ser necesario, un centro
alternativo para ser atendido. En materia social, considera
prioritario incrementar as prazas de xeriatría e de
gardería, con 10.000 e 15.000 novas prazas na próxima
lexislatura, e pór en marcha un programa de construción
de vivenda protexida que duplique o investimento actual.
O
Bloque situará no 4% do PIB o investimento en I+D+I e
educación superior, e eliminanará os 20 millóns
de euros que o Executivo gasta anualmente en propaganda.
Podes
descargar: As
dez preguntas sen resposta do Goberno Fraga e as dez propostas do
vindeiro Goberno do BNG
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|