|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Grande
éxito na segunda edición do Aprender para Educar de
Lugo
Redacción,
19 de abril 2005. Onte foi a primeira das conferencias do
programa de formación para pais e nais Aprender para Educar
organizado pola AS-PG,
para a que contaron con Hipólito Puente Carracedo (Doutor
en Psicoloxía, Licenciado en Pedagoxía e
orientador). A conferencia foi todo un éxito ao quedar
pequeno o Salón de actos do Centro Socio-Cultural Uxío
Novoneyra, 100 persoas sentadas e unhas 30 e pé desfrutaron
de esta conferencia sobre autoestima e aprendizaxe. Hoxe contan
con Manuel Pedrosa Agrasar ((Licenciado en Psicoloxía e
ensinante) para unha conferencia titulada: O tempo de lecer: O
xogo, o xoguete, a televisión. Estas xornadas durarán
toda a semana e tratarán os seguintes temas: o mércores
conflictividade escolar, con Gema Martín Seoane (Profesora
de Psicoloxía da U. Alacalá de Henares e
investigadora de Psicoloxía Preventiva da U. Complutense);
o xoves Isabel Picos Rielo (Orientadora no IES de Palas de Rei)
falaranos sobre como axudar aos nosos fillos e fillas a ser máis
eficaces no estudo; e por último o venres un debate en
torno ao documento do MEC “Unha educación para todos
e entre todos” pechará este ciclo de
conferencias.
Todas as conferencias serán no Salón
de actos do Centro Socio-Cultural Uxio Novoneyra ás 19:45
h. e contatrán con servizo gratuito de gardaría.
Para
máis información chamar ao teléfono
982.24.26.82 ou no enderezo electrónico lugo@as-pg.com
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|