Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns

Google






Proxecto Terra

*
En marcha o Proxecto Terra
Redacción, 21 de febreiro 2005.Redacción, 21 de febreiro 2005. O
proxectoterra é un proxecto didáctico dirixido á Educación Secundaria Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galiza deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial. Estes cursos de formación do profesorado teñen como obxectivo o de “contribuír a que aos nosos escolares se lles dea unha clara e actualizada proposta de achegamento á arquitectura, entendendo esta como todas aquelas actuacións sobre o territorio realizadas por homes e mulleres para acadar unhas mellores condicións de vida.”

Estes cursos que xa se realizaron durante o mes de febreiro nos concellos de Cee e de Viveiro, está agora a se desenvolver no Barco de Valdeorras entre o 21 e o 24 deste mes. Os outros cursos terán lugar entre os días :
28 febreiro a 3 marzo en Ourense;
4 a 7 abril en Lugo;
11 a 14 abril en Vigo,
18 a 21 abril en Pontevedra;
25 a 28 abril en Vilagarcía;
2 a 5 de maio en Santiago;
9 a 12 de maio en Ferrol;
e 23 a 26 maio nA Coruña.

A duración dos cursos é de 12 horas en horario de 18 a 21 horas. A matrícula é gratuíta e pode facerse por telefone ou Fax no 981 27 82 59 (AS-PG) ou por e-mail nos enderezos: informacion@as-pg.com ou proxectoterra@coag.es.
Está solicitada a homologación destes cursos á Consellaría de Educación.
Pode verse máis información sobre este Proxecto en www.as-pg.com e en www.coag.es/proxectoterra






< voltar a novas







Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!