|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
reta a Fraga a que cite unha soa medida de goberno adoptada por el
no último ano que mellorase o benestar dos
cidadáns
Redacción,
21 de abril 2005. “Nen
o Goberno de Zapatero agora nen o de Aznar antes lle fan caso a
Fraga porque hai moito tempo que non se sabe facer respeitar”.
O
líder do BNG
reprocha a Fraga que gaste as súas escasas enerxías
en especular sobre a data eleitoral en función non do
interese xeral “senón das súas estratexias
partidarias”.
O
portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, retou onte a Fraga en
Verín a que cite unha soa medida de goberno adoptada no
último ano de lexislatura en calquera materia que realmente
mellorase o benestar dos cidadáns.
“A verdade
é que non tomou nengunha. Non adoptou nengunha” ,
dixo Quintana durante un encontro que mantivo con xornalistas en
Verín. “É tremendamente triste que o balanzo
da xestión de Fraga ao final da lexislatura consista en dar
conta da súa incapacidade para ser escoitado polo Goberno
de Madrid”, engadiu o líder nacionalista, para quen
resulta verdadeiramente penoso que o presidente dun Goberno que
posúe competencias en todas as áreas que afectan á
vida dos galegos “teña sido incapaz de adoptar unha
soa medida de goberno positiva para a xente”. “Todo o
máis que é capaz de oferecernos Fraga son os seus
lamentos porque non lle fan caso en Madrid”, afirma.
Para
o portavoz nacional, nen o Goberno de Zapatero agora, nen antes o
de Aznar, atenden as demandas do presidente da Xunta “porque
Fraga hai moito que non se sabe facer respeitar”. Neste
sentido, Quintana proclamou que o país necesita un
presidente nacionalista, “que non reciba ordes de
Madrid, nen do Partido Popular nen do PSOE e que estea disposto a
lle falar de ti a ti ao seu homólogo do Goberno
central”.
Quintana reprochou a Fraga que gaste as
súas escasas enerxías en “especular”
sobre a data eleitoral “exclusivamente en función dos
seus intereses particulares e partidistas”, mentres “outros
nos adicamos a facer traballo estando todos os días acarón
da xente”.
“Fraga só pensa en Fraga e en
se perpetuar no poder. Só pensa en como usar as
institucións como se fosen patrimonio proprio”,
censurou Quintana.
A escolla dos galegos nas próximas
eleccións, convóqueas Fraga cando as convoque, será
entre “un proxecto acabado dun candidato acabado” e “o
proxecto de modernización, respecto para o país e
cambio que representa o Bloque Nacionalista Galego”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|