Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Roteiro polo Parque Natural das Fragas do Eume


Redacción, 21 de abril 2005. Un espazo natural protexido que tampouco se libra de ameazas. O Parque Natural das Fragas do Eume, declarado en 1997, esténdese por 9.125 hectáreas de ladeiras e monte que acompañan ao río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña, nos concellos das Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume. Dos varios tipos de bosques atlánticos caducifolios, o que se refuxia alí é un dos máis escasos e raros de Galicia e de Europa. Malia sufriren unha aguda fragmentación nos últimos 40 anos, aínda hai máis de 3000 ha de bosque autóctono conectadas ao longo do Eume e os seus afluentes. Posúen gran variedade de ambientes, posto que comezan no nivel do mar e chegan aos 700 m de altitude, o que favorece unha enorme biodiversidade.

A declaración do Parque Natural axudou a evitar problemas como a tala incontrolada, a repoboación forestal ou os incendios, pero non impediu que xurdiran outros: instalación indiscri-minada de parques eólicos, concentracións parcelarias agresivas, explotación dunha mina de andalucita, exterminio do lobo...

O noso roteiro discorrerá integramente polo Parque Natural das Fragas do Eume, en concreto polo concello de Monfero. Ao seu remate visitaremos o mosteiro de Monfero, fundado en 1134 e con vida monástica ata 1835.

Será o vindeiro domingo 24 de abril

Prezos:
Normal...........................................................................10 €
Estudantes, xubilados e no paro..........................................9 €
Asociados/as....................................................................8 €
Ata 17 anos......................................................................3 €

SAÍDA: diante da Escola de Maxisterio de LUGO ás 9 da mañá.

Imprescindible anotarse previamente chamando ao 639 664924 (Montse)

Levar roupa e calzado adecuados e comida para o camiño.O bo humor poñerémolo entre todas e todos...


Organiza :Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA Lugo



Voltar a novas

Ver anteriores