Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns

Google







Referendum europeu

*
BNG: Só un de cada tres galegos apoiou o Tratado, porque a maioría "quer máis Galiza en Europa"

Redacción, 22 de febreiro 2005.Desta maneira trasladaba o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, a análise dos resultados do referendum efectuada na reunión do Comité de Dirección salientando que só un de cada tres galegos apoiou o Tratado polo que se Estabelece unha Constitución para Europa, dato que debería, dixo, “facer reflexionar ao Goberno central”.
Unicamente un de cada tres galegos votou afirmativamente este Tratado, opinión dos cidadáns galegos que o Goberno central debe ter en conta, pero igualmente”, dixo, “o Executivo debe ter en conta tamén a opinión dos galegos que votaron en contra, en branco ou se abstiveron, que foron dous de cada tres galegos”.

A xente que se manifestou co seu voto non, ou en branco son unha magnífica contribución á opinión que Galiza ten deste Tratado, e o Goberno pode ler hoxe que ao lado dos que votaron si, posición que respectamos, hai tamén unha opinión que considera que as cousas se poden facer doutro xeito e que é necesario máis Europa e máis Galiza en Europa”.

Quintana considera que sería unha “barbaridade” tentar trasladar en chave partidista os resultados do referendo, e advertiu do progresivo “afastamento da cidadanía cos temas europeos que pode derivar nun afastamento da política en xeral”, toda vez que as campañas carecen de debates, e se limitan ao uso do recurso do medo e de descualificación do contrario.

O BNG, dixo, traballará para que isto non se produza, a diferenza do PP e de Manuel Fraga, “que parece cifrar as súas expectativas de continuidade política” no desinterés da cidadanía pola política.

En canto á valoración da campaña o Comité de Dirección, explicou Quintana, amosou a súa satisfación pola campaña “didáctica, explicativa e non dogmática” realizada polo BNG e felicitou expresamente á coordenadora Encarna Otero polo “excelente” traballo na transmisión da posición nacionalista.

Ante as preguntas dos xornalistas, o portavoz nacional asegurou que o Bloque conserva intactas a opción a presidir a Xunta de Galiza. ”Estamos tan cerca como antes, incluso máis porque temos a credibilidade dunha forza política que di a verdade, polo que sabemos que o BNG sae deste proceso fortalecido na súa credibilidade”, alegou.

Por contra, Quintana cualificou de “falla de respecto coa cidadanía” o intento do PP e do PSOE de “repartirse o botín do si”, cando os votos non se outorgaban a ningún partido, concluíu.

Máis información na web do BNG




< voltar a novas







Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!