Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Dous anos de ocupación en Iraq, dous anos de solidariedadere en Galiza


Redacción, 22 de marzo 2005. En coincidencia co segundo aniversario da ocupación do Iraq polos Estados Unidos e os seus estados aliados, Galiza Nova, a CIG e os CAF coorganizan unha charla en Compostela co lema: "Iraq, dous anos despois: resistencia fronte á ocupación", na que intervirá o filósofo e escritor Santiago Alba Rico. Terá lugar o martes 29, ás 19:30 no Salón de Graos da Faculdade de Ciencias Políticas de Compostela.

As organizacións convocantes, que participaron activamente no movemento en contra da guerra e de denuncia da participación española, non querían deixar pasar estas datas sen reiterar a solidariedade de Galiza con Iraq e lembrar que “a día de hoxe, a pesar do silencio oficial e mediático a guerra continúa por medio da resistencia popular fronte á ocupación estadounidense”. Tamén queren deixar constancia do reiterado rexeitamento da mocidade galega á ocupación, ao militarismo e o imperialismo; na altura na que se iniciara a guerra, a Mocidade Galega pola Paz promovera multitudinarias mobilizacións de milleiros de estudantes e mozas e mozos.

Santiago Alba Rico (1960) é un recoñecido intelectual crítico e un experto no mundo árabe, onde viviu varios anos; filósofo e ensaísta, autor de libros como "Deixar de pensar" e "Volver a pensar", "As reglas do caos" e autor dos guións televisivos de "Los electroduendes" -1984-1988- baixo o título "¡Viva o mal!, ¡Viva o capital!", recentemente elaborou o guión do premiado documental "Bagdad Rap", de Arturo Cisneros, e ten escrito varios artigos arredor de Irak, onde estivo antes e despois da guerra.


Voltar a novas

Ver anteriores