|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Folga
indefinida do transporte de viaxeiros a partir do 16 de
maio
Redacción,
22 de abril 2005. O pasado martes 12 de abril a
patronal rachaba as negociacións do convenio do sector de
transporte de viaxeiros para o ano 2005. A plataforma unitaria, na
que están integradas CIG, UGT e CCOO acordaba, en
consecuencia, convocar folga indefinida a partir do 16 de maio
para reivindicar melloras na xornada, en materia de saúde
laboral, nas condicións de contratación e en demanda
de que figure xa no texto a figura do acompañante.
Xesús
María Pastoriza, responsábel da área de
Transporte da CIG, elixido pola plataforma unitaria como portavoz,
explicaba onte, en rolda de prensa, que a patronal negouse a
seguir negociando o convenio porque para eles é
incuestionábel a flexibilización da xornada.
A
este respecto, Pastoriza lembrou que como moi tarde a finais de
ano entrará en vigor unha Directiva da UE na que xa se
recolle unha maior flexibilización da xornada, polo que
“non estamos dispostos a admitir que no convenio se recolla
un incremento da flexibilización maior ao que xa vai a
haber”.
Desde a plataforma contémplase a
proposta de maior flexibilización como unha
irresponsabilidade xa que repercutiría negativamente na
seguridade viaria, ao incrementarse a xornada reducindo as horas
de descanso.
Neste sentido, sinala que xa se teñen
interposto denuncias contra empresas que obrigan a realizar
xornadas superiores ás permitidas, nas que os traballadores
están desde as sete da mañá até a unha
da madrugada traballando.
Ademais, entre as propostas da
plataforma unitaria un dos aspectos que se propón para a
súa inclusión no convenio é precisamente que
a xornada sexa aínda máis ríxida do que é
na actualidade, aspecto que a patronal non parece disposta a
aceptar. Do mesmo xeito, demándanse melloras na
contratación e que xa figure no convenio a figura do
acompañante.
A respecto desta figura está
previsto que sexan contratacións de non máis de 20
horas semanais, co salario mínimo interprofesional.
“Entendemos que polas características do posto, as
persoas que desenvolvan o papel de acompañantes serán
maioritariamente mulleres, polo que indirectamente se trata dun
problema de igualdade de xénero. Por iso, parécenos
que non se pode admitir que a contratación sexa polo SMI,
tendo en conta ademais que cos horarios que se prevén, quen
realice este traballo vai ter o día completamente
truncado”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|