|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
anuncia que como presidente o grande reto do seu goberno será
acadar a igualdade de oportunidades en Galiza
Redacción,
22 de abril 2005. “O
cambio galego que propomos é ter un presidente que vaia a
Madrid non a facer oposición nen a recibir ordes, senón
a levar alí unha postura de país”. O portavoz
nacional do BNG,
Anxo Quintana, anunciou que “o grande reto do próximo
goberno nacionalista en Galiza é sacar adiante unha
política que permita acadar a igualdade de oportunidades”.
Para Quintana, ese obxectivo fica estruturado en “catro
grandes eixos de redistribución” de recursos que
explicou nunha rolda de imprensa celebrada no Clube
Financeiro de Vigo antes do coloquio xantar previsto cos
empresarios da comarca viguesa.
Un
primeiro eixo para conseguir a igualdade “será o da
relación de Galiza co Estado, que debe empezar a saldar a
débeda histórica” que existe co país.
Un segundo eixo sería o de avanzar na igualdade entre o
home e a muller, pondo en marcha “unha bataría de
políticas activas e imaxinativas” que permitan acadar
este obxectivo. Un terceiro eixo sería o dirixido a mozos e
vellos, toda vez que Galiza carece dunha política social e
de atención á Terceira Idade malia ter unha
populación moi envellecida. “Prometo un Goberno capaz
de asegurar direitos e proteccións aos que están
menos protexidos”, afirmou.
Finalmente, un cuarto
eixo baseado na equidade territorial entre o Norte e o Sul, a
Costa e o Interior, “quero ser o presidente dun país,
non dun conglomerado de catro provincias, e este é o cambio
galego que imos propor”.
O candidato á
presidencia da Xunta salientou que Galiza necesita un presidente
“que se faga respectar”. “Eu nunca recibirei
ordes desde Madrid, nen do PP nen do PSOE. Ese é o
auténtico cambio galego que nós representamos porque
até agora o que ten habido é un intercambio de
papeis entre o PP e o PSOE dependendo de quen goberna en
Madrid”.
O líder nacionalista considera que
“non se pode ir a Madrid nen a facer oposición nen a
recibir ordes, senón que o presidente de Galiza ten que
levar alí unha postura de país”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|