|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
CIG considera que o PP convoca as eleccións só en
función dos intereses do partido
Redacción,
22 de abril 2005. Confía
en que o pobo galego refrende a mudanza política necesaria
para superar a parálise na que está inmersa Galiza.
O Executivo de Fraga demostrou sobradamente a súa
incapacidade para xestionar politicamente o país. O
Secretario Xeral da CIG,
Suso Seixo, considera que o adianto das eleccións
autonómicas para o 19 de Xuño, acordouse atendendo
exclusivamente aos intereses do Partido Popular e, en ningún
caso pensando no que máis lle convén a Galiza. De
ter priorizado os intereses de Galiza “as eleccións
deberían terse convocado hai moito tempo”, afirma o
secretario
xeral da CIG.
Para a CIG o PP ten demostrado
sobradamente, a súa incapacidade para gobernar e xestionar
Galiza e moito menos para liderar a defensa dos nosos
intereses como país fronte o goberno central. A CIG non
esquece o papel do Executivo de Manuel Fraga na crise do Prestige
ou a súa actitude seguidista do goberno Aznar na guerra
contra Irak. Como tampouco pode esquecer o lamentábel
mutismo mantido diante duns orzamentos xerais do estado que ano
tras ano marxinaron sistematicamente a Galiza.
Por
iso, desde a CIG contémplase con incredulidade a
propagandística chamada á rúa de Fraga diante
dos incumprimentos orzamentarios do PSOE nos seus compromisos con
Galiza cando son, nin máis nin menos, idénticos aos
incumprimentos do PP cando ostentaba o goberno do estado.
A
parálise política de Galiza compróbase na
ausencia de medidas pensadas para Galiza e xestionadas en Galiza.
A CIG entende que o noso país precisa que se desenvolva a
nosa economía, cunha política industrial que
aproveite os nosos recursos e potencie as nosas capacidades,
acompañada por unha política medioambiental real;
unha política de defensa dos servizos públicos,
nomeadamente o sistema sanitario e o educativo; unha política
efectiva de emprego que lle faga fronte ás elevadas taxas
de desemprego, de máis de dous puntos por riba da media
estatal, ao 35% de eventualidade na contratación e cunha
precariedade laboral das máis altas de Europea; unha
política de igualdade de homes e mulleres e unha política
que defenda a nosa lingua e cultura propias.
A CIG confía
en que o pobo galego, que saíu á rúa
masivamente para demandar dignidade e exixindo mudanzas reais para
este país, refrendará co seu voto o cambio político
necesario para saír desta situación de parálise
política do PP.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|