Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Jorquera lémbralle a Pita que as acusacións de enriquecimento feitas por López Veiga “aínda están por seren investigadas”


Redacción, 23 de marzo 2005. O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, as críticas formuladas onte polo portavoz do grupo parlamentar do PP, Xaime Pita, ao Código Ético da formación nacionalista.

En primeiro termo, gostaría de lembrarlle ao señor Pita que as acusacións de enriquecimento ilícito de compañeiros do seu proprio partido
feitas polo conselleiro López Veiga aínda están por ser investigadas. Carece de precedente que un membro dun Goberno realice unhas declaracións dese calibre, o cal indica até que ponto a corrupción está institucionalizada no noso país”, afirma o tamén adxunto á portavocía nacional do BNG.

“O PP critica o Código Ético do BNG porque está nas antípodas da rexeneración democrática que precisa este país”, valora Jorquera. “O PP non goberna: limítase a ocupar as institucións. E o que preconiza o Código Ético é xustamente devolver esas institucións aos cidadáns, poñelas ao servizo do pobo galego”, engade.

Jorquera non entende por que un Código Ético que pretende comprometer ás institucións galegas coa transparencia e as prácticas de bon goberno “é quen de poñer tan nervoso ao partido no poder”.

“O PP debe saber que rematou a época da impunidade e a época da propaganda. E rematou porque o cambio galego que personifica Anxo Quintana e o Bloque Nacionalista Galego rexenerará as institucións e dará seguridade aos cidadáns de que o goberno lles pertence a eles e non a ningunha camarilla”, conclúe o coordenador executivo do BNG.



Voltar a novas

Ver anteriores