|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
BNG chama a PP e a PSOE para que non obstaculicen as reformas
legais para asegurar a limpeza do voto emigrante
Redacción,
23 de marzo 2005.
O Bloque Nacionalista Galego fai un chamamento ao PP e ao PSOE
para que teñan un comportamento responsábel e cesen
de facer un uso partidista dos recursos públicos para
tentar tirar réditos eleitorais na emigración.
Para
o BNG “é un espectáculo lamentábel ver
aos partidos que detentan o poder na Administración galega
e na central cruzarse acusacións respeito de utilización
de recursos públicos con intencionalidade partidaria”.
O
BNG lembra que no seu día o PP non fixo nada para modificar
a Lei Orgánica do Rexime Eleitoral Xeral no sentido de
dignificar o voto emigrante e de equiparalo en condicións
de garantías democráticas co que se emite no
interior do país. No mesmo sentido, o BNG salienta que o
PSOE tampouco ten demostrado no primeiro ano do Goberno Zapatero
suficiente vontade política para afrontar esta reforma.
En
todo caso, o BNG chama ao PP e ao PSOE a que modifiquen a súa
atitude e dean apoio no Congreso á proposición de
lei que a formación nacionalista ten rexistada na Cámara
para a reforma da LOREX, e que pretende que na emigración
se exerza o sufraxio en colexios eleitorais, con urnas,
interventores e coas mesmas garantías de transparencia que
rexen no interior, de maneira que haxa completa seguridade de que
non se produce nengunha suplantación da identidade do
votante á hora de materializar o sufraxio.
O BNG
destaca que “A falta de vontade política do PP e do
PSOE á hora de dotar de maiores garantías o
exercicio do sufraxio emigrante tivo tamén a súa
expresión no Parlamento Galego ao votar favorabelmente
estes partidos unha modificación da lei eleitoral galega
que na prática amplía os mecanismos de manipulación
do voto”, e indica que no debate habido no Parlamento
Galego, o PP opúxose ás propostas do BNG para que se
estabelecen mecanismos que garantisen a non suplantación da
vontade do votante, a depuración dos censos e a proibición
de que se poda votar nas sedes dos partidos.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|