|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
BNG mostra a súa ledicia pola concesión do Pedrón
de Ouro a Xosé Manuel Beiras
Redacción,
24 de abril 2005. A
Executiva Nacional do Bloque
Nacionalista Galego amostra a súa satisfacción
pola concesión do Pedrón de Ouro a Xosé
Manuel Beiras.
Esta distinción subliña a
condición de Xosé Manuel Beiras como referente do
nacionalismo galego e como persoa fondamente comprometida co
avanzo de Galiza cara o seu pleno autogoberno nacional.
Resulta
fóra de toda discusión, como á súa vez
subliña a propria Fundación do Pedrón, a
achega de Xosé Manuel Beiras á defensa e promoción
da identidade, cultura e língua de Galiza e o seu
contributo á formación dunha opinión pública
no país claramente favorábel a que Galiza teña
outro papel institucional no Estado e sexa cada día máis
dona de si propria.
Ao
premiar a súa traxectoria, o Pedrón de Ouro premia
tamén a do nacionalismo galego nas últimas décadas,
a forza que representa os anceios de máis autogoberno que
neste momento ten a grande maioría do noso pobo.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|