|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
reta a Fraga a un debate e di que o BNG enviará o PP á
oposición
Redacción,
24 de abril 2005. O
portavoz nacional do BNG,
Anxo Quintana, reta ao presidente do PP, Manuel Fraga, a celebrar
debates nos medios de comunicación públicos, TVG e
TVE, para que os galegos e as galegas podan coñecer sen
censuras e en directo as propostas dos diferentes candidatos e en
que condicións se presentan. O cambio galego, dixo, é
enviar o PP á oposición.
“Reclámolle
a Fraga que faga campaña, que non se agoche detrás
do telón, que de a cara”, salientou Quintana en
declaracións aos medios tras a visita ao Concello de
Pontecesures.
“A política moderna, a
democracia é debate, consiste no contraste de ideas, no
contraste leal, sinceiro das ideas, e por tanto, Fraga non se pode
esconder. Sigo retando a ese debate público que en Galiza
fai falla, e os cidadáns galegos teñen dereito a
coñecer cales son os candidatos que se presentan e nas
condicións en que se presentan”.
Neste
sentido, Quintana dirixiuse ao consello de administración
da TVG e da TVE “para que procuren que eses debates se fagan
efectivos como parte fundamental da campaña”, debate,
explicou, que debe ter dúas partes. Unha para falar do
trato que dispensa a Galiza o Goberno central e outro para expor o
modelo de país que defende cada forza política.
“Se algo non queren os galegos e galegas e máis
propaganda, estamos fartos das toneladas de propaganda duns e
doutros ao longo das últimas semanas. O que queren agora
son ideas, debate leal das ideas e unha nova forma de facer
política”, recalcou.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|