Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns

Google







Normalización Lingüística

*
A Comisión de Xustiza do Congreso dá luz verde á Lei de modificación do réxime lingüístico das inscricións no Rexistro Civil

Redacción, 25 de febreiro 2005. Na Comisión de Xustiza do Congreso do 23 de febreiro de 2005 emendouse e deuse vía libre á proposición de Lei do Senado de modificación do réxime lingüístico das inscricións no Rexistro Civil. Estabelécese que nas comunidades autónomas con lingua distinta do español ‘as follas dos libros do Rexistro Civil, os impresos, os selos e os sistemas informáticos deben ser distribuídos impresos en cada unha das linguas oficiais’. Os asentos realizaranse en ‘lingua castelá ou na lingua cooficial propia da comunidade autónoma onde radique o Rexistro Civil, segundo a lingua en que estea redactado o documento ou en que se realice a manifestación’. Se o documento é bilingüe, realizaranse na lingua indicada por quen o presente ao rexistro.

Con esta esperada medida, as persoas
que a partir de agora se dirixan á persoa encargada do Rexistro en galego, este, obrigatoriamente, debe reparar na lingua na que falan e facer a inscrición en galego.

Máis información na web dA Mesa pola Normalización Lingüística








< voltar a novas







Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!