Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns

Google






III Xornadas da Muller

*
Grande éxito nas III Xornadas da Muller

Compostela, 26 de febreiro 2005. A III Edición das Xornadas da Muller organizadas pola AS-PG e CIG-Ensino, rematan cunha grande acollida, máis de 140 persoas encheron cada unha das charlas organizadas nestas Xornadas. Educar para a igualdade é unha das grandes preocupacións do profesorado máis implicado na creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Nestas Xornadas organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e pola CIG-Ensino, apronfundizouse sobre diferentes temas que lle poden dar claves ao profesorado para educar na igualdade.
Ao longo destas Xornadas tratáronse diferentes temas; os libros de texto desde unha perspectiva de xénero ou a prevención da violencia sexista, foron algúns dos temas que se abordaron nunha fin de semana intensa onde se traballou pola creación dun mundo mellor e máis igualitario.










< voltar a novas







Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!