|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
Sentenza
contra o Alcalde da Coruña *A
Mesa solicita ante o TSXG a execución da sentenza do
topónimo de A Coruña e pide a dedución de
testemuño por desobediencia grave contra Francisco
Vázquez
Redacción,
28 de febreiro 2005. Como
parte no proceso, solicita a execución do fallo orixinal
que data de 1994. No marco do proceso xudicial do que é
parte, A Mesa pola Normalización Lingüística
presentou na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal
Superior de Xustiza de Galiza un escrito suplicando a execución
da Sentenza e, así mesmo, a dedución de testemuño
por desobediencia grave contra do alcalde da Coruña, o
socialista Francisco Vázquez.
A Sentenza nº
606 de 1994 falla “...instando a que dito Concello
recoñeza e utilice como nome oficial o de A Coruña
en vez de La Coruña, así como que utilice o idioma
galego en todas as ordes oficiais e en consecuencia dispoñemos
que o Concello de A Coruña terá que utilizar como
nome oficial o de A Coruña e haberá de aplicar a
lingua galega nas convocatorias de sesións, ordes do día,
mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames
das comisións informativas e actas...”
Dita
Sentenza foi obxecto de recurso de casación perante o
Tribunal Supremo, recurso que Francisco Vázquez perdeu,
mais para o cal a corporación gobernada polo PSOE utilizou
diñeiros públicos, contratando un destacado (e
caro) letrado madrileño especialista en dereito
administrativo.
Unha providencia de 28 de xuño de
2004 do TSXG dispón: “...
requírase ao Alcalde presidente do Concello de A Coruña
a fin de que proceda a executar en debida forma a Sentenza
resolutoria do presente proceso nos termos especificados nos
Autos de 10 de xuño de 2003 e 19 de novembro de 2003 con
novo apercibimento dunha multa coercitiva de 301 euros, e a
remisión das actuacións ao
Ministerio Fiscal por delicto de desobediencia”.
Máis
recentemente, o 11 de febreiro deste mesmo
2005, un Auto do TSXG negou que
as supostas “circunstancias novidosas” que supuñan
o claramente ilegal (e hilarante) acordo
municipal do PSOE tentando cooficializar o L, amparen
a viabilidade dun novo recurso de casación,
denegando a preparación do mesmo ao Letrado do Concello da
Coruña.
E ante estas feitos, A Mesa, parte no
proceso desde a súa orixe, presentou escrito solicitando a
execución da Sentenza e a dedución de testemuño
por desobediencia grave contra Francisco Vázquez, na liña
da citada providencia do TSXG.
O escrito fai unha serie de
consideracións, destacando a actitude deliberadamente
rebelde do rexedor do PSOE, a súa deslealdade e
infidelidade e subliñando que cando
a Autoridade despreza a Lei e as sentenzas xudiciais, morre a
lexitimidade democrática. Lémbrase tamén
ao Tribunal que ten a obriga de facer cumprir a Lei e de exixir
que os obrigados polas sentenzas executen o mandato contido nas
mesmas.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|