Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*
Leva unha rosa a Outeiro. Viaxando con Manuel María


Redacción, 28 de marzo 2005.Gastarei o meu corpo nos camiños até ser pó, seixo e silveira,” . Con este vesro de Manuel María comeza o Manifesto do Poeta Viaxeiro, manifesto mediate o cal unha serie de agrupacións culturais, baixo a coordenación do grupo poético Círculos Líticos nos convocan a facer un percorrido por terras de Manuel María. Esta homenaxe ao Poeta Nacional terá lugar o vindeiro 2 de abril e nela ademais do percorrido por Outeiro de Rei, proxectarase o video Peregrinaxes sobre viaxes do Poeta desaparecido.

O programa desta homenaxe convacada polo grupo poético Círculos Líticos e as agrupacións culturais Amigos do Patrimonio de Lemos (Monforte), A Pomba do Arco (Foz), Bnrigadas en defensa do Patrimonio Chairego (Terra Cha), Ergueitos (Sarria), Francisco Lanza (Ribadeo), Fundación Manuel María (Terra Cha), O Mundo da Galea (Alfoz), Sementeira (Viveiro), Valle Inclán (Lugo), Xermolos (Guititiz) queda da seguinte forma:

Será o sábado 2 de abril:

- Ás 16:00 h. Viaxe Sentimental por Outeiro de Rei, seá un percorrido a pé dende a Carballeira de santa Isabel (Outeiro de Rei), con lecturas de poemas de Manuel María, música e proclamas.

- Ás 20:30 h. Peregrinaxes, no Auditorio de Vilalba. Haberá música, canción, proxección en video de Peregrinaxes sobre viaxes de Manuel María, entrega da rosa e despedida.

No acto participarán os músicos de A Quenlla, Brath, Caldaloba, Pilocha e Xarín, asi coma os seguintes escritores, críticos e amigos Alberte Ansende, Marica Campo, Lois Diéguez, Miguel A. Fernán-Vello, Luís Fernández Guitián, Antom Fortes, Pilar García Negro, Camilo Gomez Torres, María Xosé Lamas, Paco Martín, Isidro Novo, Pancho Pillado, Manuel Raxo, Francisco Rodríguez, Felipe Senén e Xulio Xiz.

Reproducimos a continuación o Manifesto do Poeta Viaxeiro:







































Para descargar o dítico preme aqui: portada, interior, contraportada


Voltar a novas

Ver anteriores