|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
SLG pedirá ao Ministerio de Agricultura que mellore o Plan
de Reestructuración do Sector Lácteo
Redacción,
31 de marzo 2005.
A
organización agraria considera que as novas medidas nacen
mortas e que non garantirán o futuro do sector por caducar
o 31 de marzo de 2006. O
Sindicato Labrego Galego recibiu con esperanza os trocos
introducidos polo Ministerio de Agricultura no sistema de xestión
da cota láctea, aínda que non son a alternativa que
defende o SLG: para
esta organización agraria os dereitos de produción
non poden ter valor de mercado e deberían ser gratuítos.
Sempre foi unha reivindicación histórica do
Sindicato Labrego a supresión do mercado de cota láctea,
que foi fomentado polos gobernos anteriores (PSOE e PP) e que
propiciou a aparición de mafias e a especulación cos
dereitos para producir. Isto fixo que os prezos da cota se
inflasen artificialmente, impedindo que moitas explotacións
puidesen aumentar a súa capacidade produtiva e condenándoas
ao peche. Por esta razón, valoramos como un avance
importante as medidas anunciadas polo Goberno fronte á
situación caótica devandita que impera na
actualidade.
Outro
dos cambios positivos foi definir como explotacións lácteas
prioritarias á hora de adquirir cota a aquelas que están
por debaixo da cota media do estado.
Non embargante, o SLG
considera que se este plan non é máis ca papel
mollado se ten como data de caducidade a fin da presente campaña,
31 de marzo de 2006. Para o SLG, todas as medidas anunciadas non
van servir para nada se só fican vixentes durante un ano. A
problemática do sector lácteo é tan fonda que
necesita de plans a longo prazo que aseguren, alomenos, a
viabilidade de todas as explotacións que actualmente están
en activo.
Ademais, e tras analizar as novas medidas, o SLG
ten que denunciar as seguintes eivas:
-O Ministerio de
Agricultura mantén algúns baremos á hora de
conceder cota láctea que tiña o anterior Goberno e
que entran en contadición co tipo de explotación que
se quere facer prioritaria.
-Aínda
que se ten en conta a base territorial da explotación, este
baremo fica coxo ao non ir acompañado de políticas
que favorezan unha maior mobilidade de terras, ou máis
facilidade á hora de que as explotacións poidan
ampliar e manter a súa superficie agraria útil.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|