|
Contacto Novas Opinión....... Arquivo Ligazóns
|
.
*Menos
discursos, máis igualdade
Por:
Xabier
Pérez Igrexas (08/03/2005)
É
certo que nos últimos anos, nas últimas decadas, a
situación da muller en relación ao meio social,
económico, laboral e familiar, ten mudado
cualititativamente. É certo que a situación da
muller hoxe, cando menos nas coordenadas galegas do mundo
"occidental", son ben distintas das de comezos do
século XIX ou XX, mais esas mudanzas que non foron froito
da casualística, senon consecucións dunha
prolongada e sacrificada loita por parte das mulleres en defensa
dos seus direitos, seguen a ser pouco substanciais e
absolutamente insuficientes. Insuficiencia que se multiplica
potencialmente se observamos as situacións das mulleres
noutros pontos do planeta, nos que parece que a historia tense
conxelado no máis tétrico dos momentos.
A
muller galega enfrontase hoxe a unha realidade vital complexa. A
taxa de paro femenino supera en moito á masculina (19,1
fronte ao 902 segundo a EPA do INE), e por outra banda, as mozas
e mulleres deste país continuan a cobrar un 40% menos, de
media, en comparación cos salarios a traballadores de
xénero masculino dun xeito inadmisíbelmente
inxusto.
Seguen a ser moitas as mulleres, e tamén
as mozas (ás veces mesmo me alarma contemplar que nas
xeracións que encarnamos a modernidade do século
XXI se repiten mimeticamente vellos patróns de conducta
sexista e "maltratadora"), as que padecen o maltrato
fisico ou psicoloxico, por parte das súas parellas, pero
inda máis o maltrato e a invisibilización como
formas terríbeis de violencia estructural por parte do
sistema, e das administracións como os seus aparellos, que
obvia as necesidades e direitos da metade da nosa sociedade.
Redefinir constantemente o feminismo pode semellar
un exercicio baldío, mais en tempos nos que a información
deforma, se cadra ten certa utilidade recordar que feminismo é
igualdade, unicamente loita pola igualdade de oportunidades, e de
direitos, loita pola igualdade entre as persoas humanas
independentemetne do seu xénero, que debe deixar de ser
dunha vez por todas un estigma social, e tamén económico.
Feminismo non significa darlle a volta á actual situación
e situar no asento de xenero predominante ao femenino en
substitución do masculino, non é substituir
patriarcado por matriarcado, senon construir desde o
recoñecemento dunha extrema inxustiza histórica
para/con as mulleres unha sociedade formada por iguais. Ese é
o feminismo do que me sinto militante, sen paternalismo, con
humildade e orgullo.
Hai quen sinala que a discriminación
positiva, por moito que se positive continua a ser
discriminación; inxusta demencia, intolerábel
estupidez. É imprescindíbel apostar por medidas que
re-equilibren unha situación inxusta, sen pausa pero dun
xeito progresivo, porque a sociedade non para, non se pausa,
agardando reinstaurar a igualdade que nunca se viviu e que se
merece. Se un balde vai demasiado cheo e outro demasiado baleiro,
abramos máis a billa para re-equilibrar.
Mais se
cadra o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, debemos
aproveitar a oportunidade para dignificar en clave de xénero
o feito de ser muller. Devoltarlles a elas a dignidade roubada
por parte dun patriarcado instaurado e alimentado pola
belixerancia machista e tamén pola indiferencia social.
Dignifiquemos tamén o seu traballo, o seu traballo non
remunerado, e polo tanto non recoñecido. Recoñezamos
pois o valor engadido o activo económico que xeran
milleiros de mulleres co seu traballo no fogar, no campo... a súa
atención familiar (que mesmo suple as carencias do estado
do benestar que tanto as esquece). Fagámolo cuantificando
esa decisiva contribución económica das galegas a
Galiza, publicitandoo e apostando por medidas reais de
integración laboral, de emprego ao cabo, tal e como se
está a propor estos días. Visibilicemos dunha
vez por todas a todas as mulleres que soportan sobre as suas
costas os eixos do país, e que son unha peza chave no noso
desenvolvemento. Pero fagamolo non para perpetuar ese sacrificio,
senon para posibilitar outros vieiros, novas oportunidades en
IGUALDADE.
Obriguemos á administración
a actuar con decisión e en claves de tolerancia cero
fronte á explotación laboral, o fraude, a
discriminación ou o abuso, en calquera das súas
formas, por razón de xénero. Non é tolerábel
que o Alcalde de Toques continue no seu cargo despois de ter sido
condeado por abusos sexuais a unha menor; non é tolerábel
que o Valedor do Povo obvie esa inxustiza alucindo que non está
no seu marco competencial. Debemos exixir que a defensa da
igualdade, que a xustiza fronte ao maltrato e a discriminación
sexan competencia primoridal de todas e todos, tamén das
institucións.
Hoxe
8 de marzo, en nome de quenes padecen a discriminación
salarial, a invisibilización na linguaxe, os fraudes na
contratación, o abuso ou o maltrato por ser muller, e na
memoria daquelas que perderon a súa vida por selo ou a
deron por dignidade de xénero loitando, é o momento
de exixir MENOS DISCURSOS E MÁIS RECURSOS a prol da
igualdade real entre mulleres e homes.
Menos
discursos e máis igualdade.
çvoltar
|
Colaboradores:
Xabier
Pérez Igrexas
|