|
Contacto Novas Opinión....... Arquivo Ligazóns
|
.
*Non
todo vale, Galiza merece máis
Por:
Xabier
Pérez Igrexas (04/03/2005)
Desatouse
por fin, e en boa parte grazas á repercusión
meiática que tivo o ocurrido no Parlament Catalá,
un grande debate social e político arredor da corrupción
institucional no noso país. E non é nen por
inercias nen por absurdo mimetismo, senon pola evidencia que
clama a gritos por todas partes de que o "enriquecemento
ilícito" por parte de cargos institucionais, que
denunciara no seu intre o Conselleiro López Veiga(non
por afán democrático senón como estratexia
no xogo de poder no seo do PPdG), non é nen irreal nen
isolado, senon que se percibe socialmente, como manifestamente
constatábel en todas as alturas do campo institucional, na
Xunta, nas Deputacións e nalgunhas alcaldías, nos
que, dise, a prevaricación e as prácticas caciquís
son moeda corrente.
Ata
onde chegan esas prácticas descoñezoo, mais
coincido coa maioría social que sinala que aquí non
hai trigo limpo, e se non o hai investiguemos e procesemos aos
presuntos responsábeis, iso é o que como cidadanía
nos cabe esperar, e exixir por parte do sistema xudicial, non que
se obvien por intereses difíceis de definir.
Anxo
Quintana, o BNG, ten dado un paso ao frente (cecais algo tardío
pero firme), liderando a exixencia de claridade, de luz e
taquigrafos, e de intervención xudicial fronte ás
denuncias públicas que ao marxe das sutilezas son
evidentemente razóns de peso para proceder con urxencia,
como o fiscal Mena fixo en Cataluña, ¿por qué
non actua do mesmo xeito Carlos Varela en Galiza?. A CIG e agora
o BNG exixen que se investigue que se actue, pero Quintana vai
máis alá e propón un grande pacto
anticorrupción, pero non un pacto de silencio senón
un compromiso de articular mecanismos públicos e
independentes que salvagarden o noso sistema político da
corrupción, do caciqueo, das redes clientelares ou do
enriquecemento ílicito.
Non se poden tolerar,
admitir, consentir ou ocultar prácticas abertamente
ilegais por parte de representantes institucionais. Non se pode
tolerar tampouco a indiferencia fronte a estos asuntos de notábel
gravidade, e que evidencian a necesidade de hixienizar canto
antes a democracia galega, e destacadamente o aparello
institucional.
Emilio Pérez Touriño aspira a
capitanear o cambio galego, inda que sexa desde o surrealismo
dunha improbábel maioría absoluta do PSdG, e inda
así xira a cabeza, e prefire non participar deste debate,
máis que con intervencións ambiguas repletas de
despropósitos como que descoñece que exista
corrupción na Galiza cando o seu próprio partido
ten denunciado esas prácticas en diferentes ocasións.
Touriño aspira a governar Galiza, pagando mesmo o prezo de
silenciar o inadmisíbel, negandose incomprensíbelmente
a formar parte do pacto ofrecido por parte do BNG (ofrecemento
sensato e razonábel) para frear a anticorrupción,
alucindo a sua inexistencia; e inda que fose verdade, inda que há
numerosas razóns para ter dúbidas formadas, de que
en Galiza non existe a corrupción como fenómeno,
¿que problema tería articular mecanismos que a
preveñan e a eviten? ¿non é razonábel
e democráticamente lóxico facelo?
Se se
quere iniciar o imprescindibel cambio político na Galiza,
cun cambio de governo na Xunta, é tamén
imprescindibelmente necesario depurar e hixienizar o aparello
institucional instaurando unha política de tolerancia cero
con posíbeis prácticas corruptas.
Pero non
se pode aspirar a dar ese cambio, que Galiza tanto precisa, a
cambio de silenciar, obviar e consentir ese fenómeno que
nos coloca á altura dunha república bananera dos
anos 70. Non nos valerá ese cambio, senon se produce a
fondo, e con toda contundencia.
Galiza merece máis
que iso, e non todo vale.
çvoltar
|
Colaboradores:
Xabier
Pérez Igrexas
|