|
Contacto Novas Opinión....... Arquivo Ligazóns
|
.
*Papanatismo
antidemocrático
Por:
Xabier
Pérez Igrexas (06/02/2005)
Quen
afirme que a disensión, que a discrepancia, que a
oposición ou a confrontación de ideas (nun marco de
convivencia), resultan antidemocráticos ou que poñen
en perigo a esencia mesma da democracia, deturpan de cheo o
propio concepto.
Estamos a viver momentos "democráticos"
difíceis. A ausencia de
cultura democrática, e cívica, destacadamente en
lideres dos partidos estatais, converten cada debate nun horror
que se debe evitar. Dicia o incalificábel José
Blanco, que o lehendakari (que é o Presidente do Governo
Basco, máximo órgao executivo de Euskadi, eleito
democráticamente) demostraría a súa
convicción democrática retirando a proposta do
Parlamento de Vitoria de reforma do Estatuto. Inadmísibel
manipulación, imperdonábel estupidez dun dos
lideres da "esquerda" española, que só se
pode entender nun estado non normalizado democraticamente despois
de 30 anos de "transición". Se extrapolamos ese
nulo razonamento do amigo "pepe" (a coincidencia co
acronimo do Partido Popular, é casual, non?) a todas as
esferas da vida social e política, trasladámonos á
anti-democracia.
"Sr. ciudadano sea demócrata,
no cuestione, no critique, no proponga (sobre todo cosas
molestas), y vote SÍ cuando se lo pidamos, confie, no
moleste" Lemas así rezarán en futuras campañas
institucionais que un griposo Moratinos nos apresentará
publicamente, inda que Bono pode que sexa o máis
axeitado...
Pero aquí na Galiza, o sucursalismo de
Fraga foi evidente durante a era Aznar, tan perxudicial a
propósito para os intereses do noso país, e agora
tocalle o turno a Emilio P.P. Touriño, desculpen colouseme
unha segunda pé, o subconsciente traiciona.
Que un
lider político, que aspira a representar o cambio político
na súa comunidade, se atreva a calificar posicións
de disensión democrática de "propias da
extrema dereita", é ademáis dunha supina
imbecilidade, unha inadmisíbel insensatez. Dar por natural
unha ou outra posición dentro dun debate social e
político, desnaturaliza a propia democracia, na que con
"talante" deben convivir pluralmente diferentes
opinións e perspectivas, ás veces encontradas, pero
necesearias todas.
Ningún cidadán cabal,
maduro e responsábel, xa non digo responsábel
político, digo mesmamente cidadá ou cidadán,
se atrevería a entrar nese burdo e sucio xogo de
descalificación. Somos moitas/os as/os que agardamos de
quen pretende ser Presidente da Xunta, polo PSOE, que manifeste
esa mesma valentia, demostrada agora como total imprudencia e
desvarios verbais, nun dabete serio, aberto, sen circunloquios,
sobre a consulta do tratado constitucional.
Fronte ao
papanatismo non democrático, Quintana demostra estar máis
á altura, institucional, política, intelectual e
social do debate, sobre Europa, sobre o PEIT, sobre os orzamentos
estatais, ou sobre o tan necesario Novo Estatuto. Demostra así
que quen non exerce de mera sucursal na "colonia" ou
rexión, quen non nada debe na "metropole" (ou
ferraz/génova) ten do seu lado todas as razóns
democráticas para defender o que xustamente merecemos as
galegas e os galegos. O Nacionalismo Galego volta ser outra vez o
verdadeiro aparello de estado da nosa nación.
çvoltar
|
Colaboradores:
Xabier
Pérez Igrexas
|