| |
|
O MEDIEVO (baixa idade media)
|
A primeira referencia de música escrita
en Galiza que temos é o Códice de Fernando I (Libro de
horas) en 1055, escrito nalgún mosteiro galego. Por desgracia,
a súa notación non nos permite coñecer cómo
era a música.
Galiza foi un centro cultural extraordinario
no Medievo, debido á importancia da Catedral de Santiago (de
onde saíron dúas xoias como o Pórtico da Gloria
e o Códice Calixtino), e do Camiño de Santiago, unha autopista
da información da época. Tamén, amosando o poderío
da nobreza, houbo outras importantes manifestacións musicais,
como a tradición dos trobadores da que sairían as Cantigas
de Santa María.
|
Códice Calixtino |
| |
O Códice Calixtino é un conxunto
de textos reunidos en Santiago de Compostela nos anos finais do arcebispado
de Diego Xelmírez e que se presentaba como da autoría
do Papa Calixto II (que sae na portada). Consiste nun conxunto de textos
anteriores de carácter litúrxico, histórico e haxiográfico
que pretendía servir como promoción da sé apostólica
de Santiago de Compostela, ideado polo arcebispo Xelmírez e redactado
por varios autores entre 1139 e 1173.
O Códice Calixtino divídese en
cinco libros.
Libro I
Consiste nunha antoloxía de homilías, cantos litúrxicos,
cantos de peregrinos e de sermóns en honra do apóstolo
Santiago que se celebraban na catedral de Santiago. O manuscrito constitúe
por riba de todo un manuscrito musical. A maior parte
das pezas son melodías gregorianas. Pero tamén
hai unha vintena de pezas polifónicas, as primeiras
en ser notadas e contén a primeira notación dunha peza
a tres voces: Congaudeant catholici, que aparece asinada por
Magister Albertus Parisiensis.
A maior parte dos autores son franceses e de épocas anteriores:
Venance Fortunat, bispo de Poiters no século VI, Fulbert de Chartres
do século XI.
Libro II
É unha compilación de 22 miragres atribuídos a
Santiago e que ocorren en diversas partes de Europa, en especial no
percorrido do Camiño de Santiago
Libro III
Relata a evanxelización do apóstolo Santiago en Hispania
e a translación do seu corpo.
Libro IV
Narra a historia de Carlomagno e de Rolando en Hispania dun xeito épico
e fantástico. Amosa un Carlomagno descubridor da tumba do apóstolo
Santiago e creador dos inicios da peregrinación a Compostela
e da súa igrexa.Foi o libro máis difundido do Códice
Calixtino, e que serviu de inspiración a varios cantares de xesta
feitos en Francia e Italia.
Libro V
É un conxunto de consellos prácticos para os peregrinos,
cos lugares onde descansar, calidade das augas, as reliquias a venerar,
as xentes e cidades do camiño ou os santuarios a visitar antes
de chegar á catedral de Santiago de Compostela.
|
Os trobadores |
| |
O trobadorismo é a primeira manifestación
literaria da lingua galega. O seu xurdimento ocorre no século
XII. As súas orixes danse na Provenza, de onde se vai espallar
por prácticamente toda Europa. A pesares diso, a lírica
medieval galego-portuguesa posúe características propias
e un gran número de obras conservadas.
Dentro do trobadorismo galego-portugués,
as cantigas divídense en líricas (cantigas
de amor e cantigas de amigo) e satíricas (cantigas
de escarnio e cantigas de maldizer)
Na lírica galego-portuguesa destacan:
• Afonso X o Sabio
• Airas Nunez
• Bernal de Bonaval
• Don Denis
• Don Duarte
• Johan Garcia de Guilhade
• Meendinho (xoglar)
• Martín Codax
• Paio Gomez Charinho
• Paio Soares de Taveirós
• Pero Amigo
• Pero da Ponte (segrel)
• Pero Meogo
• Johan de Cangas
|
Martín Códax |
|
Martín Codax foi un xoglar galego, posiblemente
de Vigo polas continuas referencias a dita cidade nos sus poemas, de
entre mediados do século XIII e principios do XIV. Apenas existen
datos sobre a identidade do persoaxe.
O seu corpus literario limítase a 7
cantigas de amigo que figuran nos cancioneiros de lírica
galaico-portuguesa e no Pergamino Vindel. O descubrimento deste pergamino
foi froito da casualidade: sucedeu cando Pedro Vindel a principios do
século XX o atopou na súa biblioteca servindo de forro
a un exemplar do "De officiis" de Cicerón. Das sete,
soamente seis posúen notación musical. Son pezas inspiradas
na natureza, e máis concretamente, no mar da ría de Vigo.
Os poemas de Martín Codax que figuran
no pergamino son os seguintes:
• Ondas do mar de Vigo
• Mandad'ey comigo
• Mha irmana fremosa treydes comygo
• Ay Deus se sab'ora meu amado
• Quantas sabedes amar amigo
• En o sagrad' e Vigo
• Ay ondas que eu vin veer
|
Cantigas de Santa María |
|
As Cantigas de Santa María son un conxunto
de 427 composicións en galego-portugués, que no século
XIII era a lingua fundamental da lírica culta en Castela. Atópanse
repartidas en catro manuscritos, un deles na Biblioteca Nacional en
Madrid (Codex To, por Toledo), dous en San Lorenzo do Escorial (Codex
E e T) e o cuarto en Florencia (Codex F).
Autoría
Existen dúbidas sobre a autoría directa do
Rei Afonso X o Sabio, pero ninguén dubida da
súa participación directa como compositor en bastantes
delas. W. Mettmann, autor dunha edición crítica dos textos
das Cantigas, cre que ao poeta e trovador galego Airas Nunes
se poden atribuír moitas delas. A cuestión da autoría
non está resolta aínda pero co tempo e as investigacións
vai crecendo a idea dunha participación directa do rei.
Clasificación
As Cantigas de Santa María pódense dividir
en dous grupos:
- O primeiro fórmano as cantigas da nosa Señora, son cantigas
narrativas con louvanzas á Virxe Santa María e que é
un verdadeiro compendio de historias, milagres, xogos, etc relacionados
coa Virxe, ben sexa pola súa intervención directa ou polos
amores místicos que a súa figura xera nas almas piadosas.
- O segundo son as cantigas de loor, máis reducido (posto que
son as cantigas cuxo número de orde é múltiplo
de dez); trátase de poemas máis serios, profundos, case
místicos, nos cales en lugar de cantar os milagres da Virxe reflectese
sobre ela, como nunha oración.
Orixe
A devoción mariana estaba en auxe nese século
e frades, clérigos e cabaleiros en xeral participaban dela. O
rei alentaba nas súas cantigas poetas e xograres para que dedicasen
os seus esforzos e inspiracións á Santa Dama.
|
|
O RENACEMENTO (séculos XV - XVI)
|
As noticias que posuimos da música galega
no Renacemento son moi escasas, a pesares do florecemento na época
en España e Europa da música contrapuntística.
Tal vez a falla de aristócratas e nobres residentes en Galiza
pode ser unha das razóns. A música circunscribíase
casi exclusivamente ás catedrais, principalmente á de
Santiago. Sábese que arredor de 1511 xa existía unha capela
de música na catedral, e tamén que contaba con varios
órganos, moitas veces interpretados por mestres estranxeiros.
O repertorio que se interpretaba era moi variado.
Amáis do cantoplano executábanse obras de mestres de capela
da mesma catedral (do mestre Ordóñez,
de Francisco Logroño, etc.), así como
doutros músicos de recoñecido prestixio, como Palestrina
ou Josquin Desprez, (que tamén soaban na catedral de Ourense
xunto a Cristóbal de Morales, Philippe de Monte...).
|
|
| |
|
|
Por desgracia, tampouco sabemos nada da música
profana nin instrumental composta en Galiza neste período. Toda
a información que temos é da música relixiosa vencellada
ás catedrais galegas. O tránsito do Renacemento ó
Barroco produciuse, no eido musical, dun xeito lento, sen roturas nin
fisuras notábeis. A característica principal do novo estilo
vai ser a aparición do baixo continuo, co que as voces deixan
de ter a mesma importancia pasando a destacar as voces extremas, a melodía
e o baixo.
O vilancico, unha forma musical
típicamente hispana, foi cultivado por todos os mestres de capela
das catedrais españolas, que tiñan a obriga ineludíbel
de compoñer un número determinado deles, para datas sinaladas,
sen poder facer uso dos t?estreadaos anteriormente. Na época
tiña unha estructura semellante á da cantata relixiosa.
|
Mestres de capela - Santiago de Compostela |
| |
PEDRO PERIÁÑEZ [†1613]
(ou Pedro Yáñez). Desempeñou o seu maxisterio a
principios do século XVII. Aínda que non se conserva ningunha
obra súa, hai razóns para pensar que tivo especial relevancia
na catedral. Na súa etapa comenza a emplearse o harpa -que posteriormente
faráse indispensábel en todas as catedrais españolas-
para o continuo.
ANTONIO CARREIRA MORÁN [†1637],
mestre da catedral de Braga, sucedeuno ata o seu pasamento. Deixounos
uhna das composicións máis antigas, na que figura o acompañamento
do harpa como realizador do baixo continuo.
JERÓNIMO VICENTE, de quen se conservan
seis ou sete composicións no máis puro estilo policoral
barroco.
DIEGO PONTAC. Mestre da catedral de Granada,
adoitaba levar consigo a súa música alá onde traballaba,
polo que non se conserva nengunha obra.. Permaneceu en Santiago ata
o 1647; despois desapareceu, sen dar noticia ao Cabildo.
DIEGO VERDUGO. Procedía de Madrid
e desempeñou o cargo entre 1665 e 1680. Compuso un grnde número
de obras, pero tamén as let?vou consigo ó seguinte destino
seu, Salamanca, e non se conservan.
|
José de Vaquedano
|
| |
JOSÉ DE VAQUEDANO [Puente la Reina,
1642 - Santiago, 1711] foi un dos músicos máis destacados
do barroco español. Instalouse en Santiago en 1681, onde permaneceu
ata a súa morte.
Toda a súa producción é de carácter
relixioso. A súa música constitúe unha das meirandes
contribucións do século XVII español, tanto pola
súa riqueza melódica como pola súa extrema policoralidade
(ten obras para dezaseis voces en cinco coros). Tamén é
o autor dunha Sonata a 3 que, por riba de ser a primeira de
todas, é de momento o único exemplo coñecido en
España deste xénero na época.
Consérvanse arredor dun cento de composicións
súas nos arquivos da catedral.
|
Mestres de capela - Mondoñedo, Ourense e Tui
|
| |
MATÍAS GARCÍA BENAYAS.
Foi mestre de capela da catedral de Mondo&ntildt?e;edo (as primeiras
novas dun mestre de capela nesta catedral datan de 1314) e continuou
o seu labor en Tui. Deixou unha abondosa e interesante producción
musical no estilo da época.
JERÓNIMO CARRIÓN. Nomeado
en 1687, permaneceu en Mondoñedo ata o ano 1690, data en que
conseguiu igual praza en Ourense, onde só estaría uns
meses para establecerse definitvamente en Segovia. Entre a súa
numerosa producción musical (máis de 600 pezas) destaca
o vilancico en galego Tumbe y retumbe el pandeiro, composto
probabelmente durante a súa estadía en Galicia.
ANTONIO (MERELLE) PARIENTE. (finais do
s. XVII) Foi o primeiro mestre de capela do que se conserva obra nao
arquivo da catedral de Mondoñedo. O seu estilo é semellante
ó dos outros mestres da época.: obras para dous coros
con acompañamento de órgano e harpa.
|
| |
|
|
PRIMEIRA METADE DO SÉCULO |
Na evolución da música das primeiras
décadas do século mantivéronse moitas das características
aparecidas no século anterior, pero tamén houbo algúns
cambios. O baixo continuo seguíu presente, pero foise advertindo
cada vez máis a diferencia entre solista e coro.
Como consecuencia, as composicións de carácter relixioso
fóronse asemellando máis ás arias operísticas
e cantatas italianas. Fálase dun novo estilo: o "italianismo
musical".
As primeiras décadas viron o maior esplendor
da catedral de Santiago, que se convertiu nuhna das xoias do barroco.
Os oficios relixiosos eran cada vez máis suntuosos, e a música
fíxose indispensábel. O número de músicos
aumentaba nas capelas e pola influencia italiana aparece o violín,
de xeito que non houbo catedral ou colexiata que non contase ó
menos con dous violinistas na plantilla.
O vilancico foi aínda máis popular
que no século pasado; fíxose máis extenso, e foi
pouco a pouco perdendo o tono relixioso, de tal xeito que sería
suprimido das catedrais a finais de século. Gracias a eles introdúxose
o galego nas catedrais sen oposición. O primeiro escrito íntegramente
en galego, de Melchor López, estreouse na catedral de Santiago
en 1790.
|
Mestres de capela - Santiago de Compostela |
ANTONIO DE YANGUAS [1682-1753]. Consérvanse
gran número de obras súas (arredor de 500 en diversas
catedrais españolas), pero case non hai datos sobre a súa
vida. Naceu en Medinaceli, e tras pasar por Madrid e Sigüenza,
chegou a Santiago en 1710. Oito anos máis tarde, conseguíu
igual praza na catedral de Salamanca. En Santiago só se conservan
catro obras deste autor.
DIEGO DE LAS MUELAS [1698-ca.1742].
Ocupou a praza entre 1719 e 1723; foi un dos músicos máis
apreciados na catedral e moitas das súas obras seguiron cantándose
en Santiago en data recente.
PEDRO RODRIGO [†1750] sucedéu
ó anterior.Foi mestre de capela durante 21 anos e por iso a súa
obra conservada no arquivo da catedral é máis abundante:
unhas 23 obras, todas en latín.
PEDRO CIFUENTES [†1771]. Non se
coñecen datos sobre a súa vida. A súa producción
conservada na catedral é escasa: media ducia de pezas, todas
en latín.
|
|
Mestres de capela - Lugo, Mondoñedo,
Ourense e Tui |
FRANCISCO GALINDO [†1724]. Ocupou
a praza de mastre de capela en Mondoñedo de 1694 ata 1724. Nas
súas obras empregou, coma os seus antecesores, gra densidade
de instrumentos graves no acompañamento.
ANTONIO ROEL DEL RÍO [†1767].
A él débese a introducción da orquestra italiana
na catedral mindoniense, aínda que non facía moito uso
dos violíns o frautas. Foi o autor de Institución
Harmónica o doctrina musical teórica y práctica
( Mondoñedo, 1748) e Razón natural i científica
de la música en muchas de sus más importantes materias
(Santiago, 1760)
FRANCISCO QUIROGA. Foi mestre da catedral
de Ourense cara a finais de século. Consérvase unha abundante
producción súa no arquivo catedralicio de Ourense.
|
|
SEGUNDA METADE DO SÉCULO |
Esta etapa, aínda que de tránsito
entre o estilo anterior e o clasicismo, foi dunha ampla productividade
musical e, desde o punto de vista artístico, unha das máis
elevadas.O período péchase co declive total da música
nas catedrais; as causas foron as guerras (contra ingleses e franceses),
sublevacións das colonias, e desamortizacións.
Na orquestra desaparecen algúns instrumentos
(claríns, cornetas, chirimías, baixóns...) e sumáronse
outros (trompas, óboes, violas, fagotes e contrabaixos).
Aparece a ópera e a música é
patrocinada por sociedades (Filharmónicas, Casinos, Círculos
de artesáns...). Na Coruña constrúese un teatro
de ópera no ano 1768 e en Ferrol outro en 1769.
|
Buono Chiodi |
BUONO CHIODI. Naceu en Saló (Brescia)
en 1728 e morreu en Santiago de Compostela en 1783. Chegou en 1770 e
fixo un enorme labor como compositor, mestre e director da capela de
música e dos nenos do coro. Toda a súa producción
musical (unhas 550 composicións) consérvase no arquivo
da catedral compostelá.
Fixo posíbel a transición do barroco ó
clasicismo na catedral. O italianismo está presente nas súas
composicións na melodía, acompañamentos e estructura
das obras. Deu especial importancia á corda facendo moito uso
de violas e contrabaixos. Durante o seu maxisterio, a terceira parte
dos músicos da orquestra eran estranxeiros, e gozaban dunha posición
privilexiada na cidade.
|
|
Melchor López |
MELCHOR LÓPEZ XIMÉNEZ,
[Hueva, Guadalajara,1759 - Santiago, 1822]. Tomóu posesión
do cargo de mestre de capela en 1784. Son poucas as veces que sae de
la catedral, quizáis debido a un defecto físico que lle
quedóu ó nacer. Durante 38 años se entregou ao
cuidado e ensinanza dos nenos do coro, así como á composición
de música e dirección da capela y da orquestra.
Nun principio proseguíu a obra emprendida por Chiodi.
Tiña unha capela sólida e estábel. Pouco a pouco
os cantantes e músicos estranxeiros que se ían xubilando
foron sustituídos por músicos nacionais moitas veces formados
na mesma catedral. Todo este panorama favoreceu o desenvolvemento dun
novo estilo musical, que foi en auxe ata pouco antes da invasión
dos franceses en 1808. Este feito, xunto con unha serie de medidas económicas
que afectaron gravemente á igrexa , propiciou unha grave crise
na capela da catedral, al igual que no resto do país.
Admirador da música de Haydn, a súa obra
son 18 volúmenes encuadernados con 931 partituras, que son obras
maestras da música española, Hai que destacar que, das
4.000 obras musicais da catedral de Santiago, un total de 931 lle corresponden.
Pero, sen lugar a dúbidas, a súa obra maestra é
a Misa de Réquiem, realizada en 1799.
|
|
Outros mestres |
BERNARDO SANMILLÁN MARTÍNEZ
[†1777] foi mestre de capela en Mondoñedo sucedendo a Roel
del Río. A él débeselle o tránsito do barroco
ó novo estilo clásico.
JOAQUÍN LÁZARO [1746-1786]
foi o seu sucesor. Na súa obra (da que só queda unha ducia
de oezas en Mondoñedo) pódense apreciar todas as características
do novo estilo.
JUAN ANTONIO BASTERRA [†1790] foi
mestre de capela da catedral de Tui durante máis de vinte anos.
Só se conservan 25 composicións súas, que no aspecto
estilístico pertencen máis o italianismo que ao clasicismo.
ÁNGEL CUSTODIO RODRÍGUEZ SANTABAYA
[1750-1804]. Natural de Tui, foi mestre de capela en Mondoñedo,
e autor dos primeiros vilancicos en galego para o nadal. A súa
producción é moi abundante (máis de 500 obras)
|
|
| |
|
O SÉCULO
XIX |
Os primeiros anos do século foron dunha
grande inestabilidade política (gobernantes
ineficaces, guerras contra Inglaterra, invasión napoleónica,
perda da escuadra en Trafalgar, emancipación das colonias...)
e fonda crise económica, que rematou co esplendor
das capelas das catedrais, depositarias case en exclusiva da música
e da ensinanza musical ata entón. Os cambios sociais
neste século e á aparición da ópera
fixeron que os empresarios e sociedades tomasen o relevo. Na década
dos 30 fúndanse as primeiras escolas de música e conservatorios,
e na metade de século aparecerán as bandas de música
e importantes formacións corais (orfeóns...).
O romanticismo vai desplazar ó clasicismo
p?case a comenzos do século, e con él aparece a música
de cámara nos salóns burgueses, onde sempre había
un piano. En Galiza, o acontecemento cultural máis importante
é o Rexurdimento, a toma de conciencia do valor
da fala e cultura galegas, e a música viuse impregnada totalmente
das novas ideas, co emprego da lingua e temática galega na maioría
das composicións a partires de 1860.
|
Mestres de capela no século XIX |
|
RAMÓN PALACIO [Zaragoza, 1793-Santiago,
1863] sucedeu en Santiago a Melchor López en 1826. O seu legado
musical é considerábel: máis de 150 composicións;
a maioría en latín, fronte a uns poucos vilancicos (xénero
que estaba en decadencia).
JUAN TRALLERO PALMER [†1891], o
seu sucesor, tivo que afrontar estrecheces económicas e buscar
traballo extra fora da catedral. Compuso un cento de obras, a inmensa
maioría en latín.
JOSÉ PACHECO [Mondoñedo,
1784-Mondoñedo, 1865], alumno de Melchor López sucedeu
a Santavaya en Mondoñedo. A súa producción acada
máis de 300 composicións, entre elas 36 vilancicos en
galego.
PASCUAL GREGORIO SAAVEDRA IGLESIAS [Mondoñedo,
1829-Mondoñedo, 19p?10]. Foi mestre de capela na súa cidade
e autor de preto dun cento de composicións, destacando 26 vilancicos
en galego.
PASCUAL ENCISO [Mondoñedo, 1805-Ourense,
1872]. Foi nomeado mestre de capela na catedral de Ourense en 1853.
Deixou unha abondosa producción (123 obras, en fase de catalogación)
GASPAR SMITH [Barcelona, 1767-Tui, 1819]
foi mestre da catedral de Tui. Deixou arredor de 70 pezas a 4, 5 e 6
voces e cunha orquestra que xa incluía viola e mesmo clarinete.
A súa estética musical adiantouse ás novas tendencias
que estaban desenvolvéndose noutras catedrais.
MANUEL DE RABAGO BALLESTEROS [León,
1777-Tui, 1819] sucedeu a Smith en Tui. O número de obras súas
conservadas achégase a un cento. Tamén foi un mestre innovador,
de gran sensibilidade e creatividade musical.
JOSÉ MARÍA ÁLVAREZ [Tui,
1810-Tui, 1882] tivo que facer fronte a numerosas penurias no seu maxisterio
en Tui. A súa producción é abundante (maís
de 150 pezas) e non menos interesante que a dos seus predecesores.
MANUEL MARTÍNEZ POSSE [Baio, 1858-Tui,
1935]. Acadou o maxisterio en Tui en 1892. Na catedral tudense hai un
total de 154 obras súas , e varios arranxos e transcripcións.
|
Marcial del Adalid |
| |
MARCIAL DEL ADALID GURREA, [A Coruña,
1826 – Lóngora, A Coruña, 1881] Foi o primeiro músico
galego que escribiu música profana "culta". Comenzou
os seus estudos musicais na súa cidade natal. En 1844, tran tentar
estudar con Chopin en París, vai a Londres onde (de 1844 a 1849)
estudia con Ignaz Moscheles. Volta logo a París, e parece ser
que recibiu consellos de Liszt. De volta a España viviu algúns
anos en Madrid e despois dunha viaxe a París onde tentou sen
éxito estrear a súa ópera Inés e Bianca
no Théâtre des Italiens en 1878. retirouse ó seu
pazo de Lóngora, onde residiu compondo ata a súa morte
un tanto apartado da vida musical.
A súa obra é principalmente para piano só ou voz
e piano. Moitas veces utilizaba melodías populares xunto con
textos de poetas galegos contemporáneos e debémoslle o
inicio do cultivo dun novo xénero: a melodía galega. Reuniu
folclore galego para o Cancionero de Inzenga, e sobre todo
a súa obra Cantos viejos y nuevos de Galicia foi a base
da recuperación e mentemento da música popular galega.
Obra
-
Ópera: Ines e Bianca.
-
Orquestra: Gran obertura...
-
Música de cámara: 2
tríos, Sonata en mi bemol para violín e piano...
-
Piano: 3 sonatas., sonatina en sol
mayor, andantino con variacións, nocturnos, baladas, impromptus,
elexías...
-
Cancións: Cantos viejos y nuevos
de Galicia., Cantos populares gallegos.
Ademáis do seu imponente catálogo pianístico,
Adalid é autor de máis dun cento de cancións escritas
en seis idiomas (alemán, español, francés, galego
[25 cancións], italiano e latín).
Ópera prima
“Inés e Bianca” é o título da primeira
ópera galega. Pero a súa peculiaridade non vén
só en que sexa a primeira, senón que conta a historia
de personaxes galegos e usa material autóctono do folclore galego..
Non é a única, xa que hai outra ópera titulada
“Cantuxa” que é obra de Gregorio Baudot que, malia
ser asturiano pódese considerar como galego.
|
Xoan Montes |
| |
XOÁN MONTES CAPÓN [Lugo 1840-1899]
foi o primeiro e máis importante representante do nacionalismo
musical galego. Foi mestre de capela e organista da catedral de Lugo
onde fixo de divulgador da música culta. Fundou o Orfeón
lucense (1879) e a Banda Municipal. Colaborou na recollida de cantos
populares con Casto Samoedro e Felipe Pedrell para o Cancionero
Musical de Galicia e Cancionero Popular Español.
Da súa producción destacan Alborada Gallega, Sonata
Gallega Descriptiva, Aires Populares de Galicia, A sega, As lixeiras
anduriñas, Negra Sombra, e as seis Baladas Gallegas,
onde musicou versos de Rosalía, Curros Enríquez e J.
Pereira.
|
|
Pascual Veiga
|
|
PASCUAL VEIGA IGLESIAS (Mondoñedo, 1842 -
Madrid, 1906), autor da música do Himno galego e doutras composicións
como "Alborada Gallega", coñecida como "Alborada
de Veiga".
Comezou a compor de neno. Foi profesor do Conservatorio Nacional de
Madrid e fundou e dirixiu varios orfeóns, cos que recebeu numerosos
premios. Co Orfeón Coruñés obtivo a medalla de
ouro e as Palmas Académicas durante a Exposición Universal
de París de 1889. Foi organista da Igrexa de San Domingos de
Betanzos e da Colexiata da Coruña.
Está enterrado no cemiterio de Mondoñedo, nun mausoleo
dedicado polos seus admiradores e paisanos.
O seu fillo José Adolfo Veiga Paradís foi tamén
compositor.
|
José Castro "Chané" |
| |
JOSÉ CASTRO GONZÁLEZ, máis
coñecido como “Chané”, foi
un dos máis importantes músicos galegos. Naceu en Santiago
de Compostela o 18 de xaneiro de 1856. Era Catedrático de Belas
Artes na Coruña. Foi director do “Orfeón Coruñés”
e máis tarde da coral “El Eco”. Con esta coral obtivo
moitos galardóns pero malia o seu recoñecido prestixio,
a cátedra que rexentaba na Coruña foi suprimida, e por
esa razón tivo que emigrar. Deste xeito chegou a Cuba en 1893
e alí dirixiu o orfeón “Ecos de Galicia”.
Foi mestre de música no “Centro Gallego” e colaborador
noutras entidades galegas. Sábese que alí compuxo alguhna
zarzuela galega, pero non hai moitod datos disto. Faleceu na Habana
o 27 de xaneiro de 1917.
Entre as súas obras destacan Teus ollos, Unha noite
na eira do trigo..
|
|
O SÉCULO
XX |
A principios de século a música
espállase e o número de compositores aumenta. Pero a situación
en Galiza é moi mala, e os músicos vanse fora para estudar
ou traballar; algúns alcanzarán proxección internacional,
como Gaos e Quiroga. A guerra civil e a posguerra impediron
calquera recuperación, e os poucos compositores desta época
tiveron, na súa maioría, que formarse e traballar fora
do noso país. A situación foise normalizando pocuco a
pouco no último tercio do século.
A finais de século veríanse truncadas
dúas prometedoras carreiras: ían finar, moi novos, Xoan
Viaño e Enrique X. Macías (aos 31 e 37 anos, respectivamente.)
|
José Baldomir Rodríguez |
JOSÉ BALDOMIR RODRÍGUEZ
[A Coruña, 1867-1947]. Discípulo de Marcial Torres del
Adalid, foi director dos orfeóns "El Eco" e "El
Brigantino", das orquestras do "Liceo del Brigantino",
da orquestra da sociedade "Bretón de los Herreros"
e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado
a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira
por España, Francia e Portugal.
Entre as súas obras destacan as óperas A Virxe do
Cristal e Santos e Meigas e as obras instrumentais Oratorio
e Poema sinfónico. Creou obras sobre a base de poemas
de Rosalía (Ti onte, mañán eu; Grilos e ralos...),
Pondal (Monte Branco, Ten o seu punto a rosa), Cabanillas (Camiño
da ermita, O cantar...), Curros (¿Cómo foi?)
e de outros poemas casteláns. Desenvolveu actividades de musicoloxía
recollendo temas tradicionais galegos para Cantos y bailes populares
de España de José Irizanga e Cancionero Musical
Popular Español de Felipe Pedrell.
Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa
de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
(1922) e numerario da Real Academia Galega (1941)
|
|
Mauricio Farto Parra |
MAURICIO FARTO PARRA [Santibañez de Valcorba
(Valladolid), 1867-A Coruña, 1947]. Neto de galegos, coñeceu
a música tradicional galega a través dos soldados destinados
na súa cidade natal. Os seus primeiros estudios musicais tiveron
lugar na Coruña, onde ingresou na banda do Rexemento Zamora.
Tras abandona-lo exército, empregouse na Audiencia Territorial,
actividade que combinou coa reparación de instrumentos musicais
e cun intenso labor de investigación e composición.
A primeira formación que creou foi a rolda "Blanco y Negro".
Posteriormente dirixiu a coral "El Eco" e en 1916 fundou
"Cantigas da Terra", dirixíndoa ata 1922. Tamén
promoveu os coros "Queixumes dos pinos" e "Saudade".
A maior parte das súas composicións (Soia, Espadela,
escenas gallegas para coro y orquesta) inspiráronse na
tradición popular galega, sobre a que investigou durante anos.
Foi membro da Real Academia Galega e da de Belas Artes da Coruña
(ingresou en ámbalas dúas en 1946).
|
|
Andrés Gaos |
ANDRÉS GAOS BEREA [A Coruña, 1874
- Mar del Plata, 1959], compositor, director, pianista e violinista,
foi un dos principais representantes da música clásica
galega.
Andrés Gaos amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar
un premio como violinista. En 1884 ingresou no Centro Musical da Coruña.
Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación e trasladouse
a Madrid para continuar os seus estudios no Conservatorio. En 1888
volveu á Coruña e conseguíu máis bolsas
para realizar estudos en París e Bruxelas. En 1895 viaxou a
América e dedicouse a dar clases de música en Bos Aires
e Montevideo. En 1896 fixou a súa residencia en Bos Aires.
A súa actividade desenvolveuse fundamentalmente na Arxentina,
aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal
para ofrecer algún concerto. Cara 1899 publicou obras para
canto e piano e unha habanera para violino e piano. Entre 1912 e 1916
compuxo moitas cancións, unha das cais, Granada, foi
premiada pola Asociación Wagneriana de Bos Aires. En 1916 obtivo
un premio en Tucumán pola música e letra do himno oficial
do Centenario da Independencia Arxentina. En 1917 compuxo Elegía
para piano e violín, adicada ao seu amigo Pablo Casals.
A súa última actuación na Coruña foi en
1927. Entre outras composicións incluíu dúas
obras súas, Romana e Danza arxentina n. 3,
que tiveron un grande éxito. Ademais dirixiu en varias ocasións
as orquestras sinfónicas de Berlín, París, Roma
e Milán.
Como compositor, o seu traballo abrangue dende 1891 (Muiñeira,
op. 2) ata 1959 (Rosa de abril). Destacan obras como
a Sinfonía n. 2 En las montañas de Galicia, Opúsculo
de la Alhambra, Aires gallegos, Impresión nocturna, Miniaturas,
Tormenta, Marcha fúnebre, Sonata opus 37, a canción
Rosa de Abril (sobre o poema de Cantares Gallegos de Rosalía)
e a ópera Amor vedado, Fantasía para Violino
e Orquestra, Opus 24, Sinfonía en la menor (en tres movementos),
Humoresca para violonchelo e piano, Romanza para Violino e Piano,
Impresión Nocturna...
Algunhas destas obras están gravadas en disco pola Orquestra
Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor
Pablo Pérez.
|
|
Alberto Garaizábal |
ALBERTO GARAIZÁBAL MACAZAGA [San Sebastián,
1875 - A Coruña, 1947] foi nomeado organista na igrexia do
Sagrado Corazón de A Coruña. Realizou unha notabel tarea
como organista (destacaba polas súas improvisacións),
impulsor da Orquestra Filarmónica, e profesor e director do
Conservatorio. En 1944 foi nomeado académico da Real Academia
de Bellas Artes.
Na súa abondosa producción prepondera o tema relixioso,
aínda que tamén fixo unha importante contribución
á musica coral galega (Alalá de Triacastela, Foliada
de Lóuzara, Meus pensamentos...) e foi autor dalgunhas
obras instrumentais, para piano (Gavota, Minueto, Fandango),
armonio, e instrumentos de arco (Preludio...)
|
|
Reveriano Soutullo |
REVERIANO SOUTULLO OTERO [Ponteareas, 1880 - Madrid,
1932]. Xa desde moi novo apuntou unha capacidade para a música
que o levou a dirixir, con só con catorce anos, o orfeón
de Tui. Unha bolsa outorgada polo Concello de Vigo permitiulle completar
a súa formación musical en Madrid, onde gañou
o premio extraordinario da súa promoción. Gracias a
isto puido perfeccionar a súa formación en Italia, Francia
e Alemaña, instalándose ó seu regreso en Madrid.
Alí acadou grandes éxitos no xénero da zarzuela,
compoñendo case cen obras coma Paloma del barrio,
La del Soto del Parral, Guitarras y bandurrias ou,
en colaboración con Juan Vert La leyenda del beso
Ademais de Zarzuelas, Soutullo compuxo numerosas obras para piano
e orquestra, e mesmo a ópera La devoción de la Cruz.
O autor evocou Galicia en obras coma a suite sinfónica Vigo,
o Himno a Vigo, a zarzuela costumista Los zuecos de Mari
Pepa, Rías Baixas ou a muiñeira As
mozas do couto. Nembargantes, a súa obra máis coñecida
é a que dedicou á súa vila natal, o pasodobre
Puenteareas. A peza estreouse, coa dirección do propio
autor na alameda desta localidade o 20 de outubro de 1929. Despois
foise espallando por todos os recantos do país e grande parte
do estranxeiro, e mesmo a Banda Real Inglesa chegou a incorporala
ó seu repertorio. Soutullo non chegou a ver a internacionalización
desta súa obra ó morrer só tres anos despois
da estrea.
|
|
Gregorio Baudot |
GREGORIO BAUDOT PUENTE [Colmenar Viejo
(Madrid), 1884 - Ferrol, 1938]; estudiou no Conservatorio Madrileño,
obtendo os premios en Solfeo, Armonía, Frauta e Composición.
Tras titularse en 1906, inicia unha carreira como flautista co Quinteto
de Instrumentos de Viento de Pérez Casas, co que realiza unha
importante xira americana. Ingresa no corpo de Directores de Bandas
de Música Militares e en 1910 é nomeado director da Banda
de Infantería de Marina de Ferrol. O resto da súa carreira
vai transcurrir en Galicia, coa excepción dun destino en Larache
entre 1915 e 1917. A súa obra, de marcado selo postromántico,
inclúe dúas óperas (unha delas, Cantuxa),
seis zarzuelas, tres esceas dramáticas, catro poemas sinfónicos,
catro composicións para solista e orquestra, quince obras para
banda civil e dez para banda militar, unha gran misa e sete pezas relixiosas
máis, catro mostras camerísticas, tres lied, unha obra
para piano, unha para coro, unha para rondalla e algúns exercicios
escolásticos. Na súa producción atópase
frecuentemente a utilización de melodías tradicionais
de Galicia, Campo de Salamanca y Marrocos.
|
|
Eduardo Rodríguez-Losada |
EDUARDO RODRÍGUEZ-LOSADA REBELLÓN
[A Coruña, 1886-1973]. Arquitecto de profesión pero
músico de corazón, adicou gran parte do seu tempo á
musíca legándonos unha prolífica obra. O día
2 de Maio de 1941 foi nomeado Académico de Número da
Real Academia Nosa Señora do Rosario e máis tarde, Académico
de Honra.
Obra
-
Óperas: El Monte de las
ánimas , O Mariscal (baseada na figura de Pardo
de Cela), Ultreya, El Gran Teatro del mundo (existe un borrador
para voz e piano. Sen estrear)
-
Poemas sinfónicos: El diablo
mundo (Ballet), El miserere. Los Caneiros, El Gnogmo,
(Poema sinfónico), La Santa Compaña.
-
Sinfonías: Sinfonía
en Sol menor, Sinfonía en La menor, Sinfonía
en Do menor, Sinfonía en Re menor, Concierto para
piano y orquesta en Si bemol.
-
Música de camara: 9 cuartetos,
3 trios Op. n.1, Preludio para dos violines y piano, 4 sonatas para
piano
|
|
Manuel Quiroga |
MANUEL QUIROGA LOSADA [Pontevedra, 1892 - 1961]
Con 12 anos trasládase a Madrid cunha beca da Diputación
de Pontevedra para estudiar no Conservatorio José del Hierro.
Deu concertos en Madrid, Vigo e outras capitais, conseguindo un gran
éxito. En 1909 trasládase a París e ingresa no
seu conservatorio. En 1911 consigue el premio internacional del conservatorio
de París y el "Pablo Sarasate" para jóvenes
virtuosos. En 1914 viaxa a EE.UU., onde triunfa plenamente (na actuación
de presentación da súa primeira xira xa tocou ante 5.000
persoas no hipódromo de New York). A fama do pontevedrés
provocóu que os empresarios estadounidenses non dubidaran en
fabricar merchandising (corbatas, encendedores, cigarros...) coa efixie
e o nome de Manuel Quiroga. Recorreu triunfalmente EE UU, Canadá,
Cuba, Suramérica,... En 1919, con 26 anos, Pontevedra adicoulle
unha rúa recibindo un gran homenaxe.
Entre as súas creacións destacan: Caprichos para
violín solo y para 2 violines, Concertos anticos,
Alborada, Muiñeira, Canto amoroso, Rondalla, Danzas españolas,
Habanera, Jota, Lonxe da terriña, Apuntes para violín,
Danzas argentinas, Zortzico, Canto y danza andaluza,... Tamén
grabóu en disco obras doutros compositores.
Manuel Quiroga é unha referencia a nivel internacional e está
considerado como un dos máis relevantes intérpretes
de todo o mundo no século XX. En troques o seu material discográfico
achábase moi espallado, atopándose curiosamente algunhas
das mellores recopilacións en países coma Estados Unidos,
Xapón, Reino Unido ou Italia
|
|
José Fernández Vide |
JOSÉ FERNÁNDEZ VIDE [Ourense,
1893-1981] ingresou como neno de coro aos 8 anos na capela de música
da catedral de Ourense. Alí estudiou violín, harmonía,
piano e órgano. En 1908 foi nomeado organista interino da catedral,
siendo refrendado tres años más tarde como segundo organista
titular; ocupou este cargo ata 1917.
Ademáis da tarefa na catedral, Vide traballou profesionalmente,
dende 1910, como director do Orfeón Unión Orensana e como
profesor de música na Escuela Normal de Magisterio. Como compositor
obtén nestes anos algún premio: en Santiago, en 1918,
por unha Suite para piano y orquesta e, de novo en Santiago,
en 1924, pola muiñeira-concerto A Montañesa..
En 1924 trasládase a A Habana, requerido polo Centro Galego para
traballar como docente na súa prestixiosa Academia de Bellas
Artes, e en 1930 é nomeado director do Conservatorio da Academia.
Dous anos máis tarde, decide regresar a Ourense. Neses anos en
Cuba intensificou o su papel de compositor con abundante obra para piano,
para voz e piano, con textos preferentemente en galego, e con dúas
zarzuelas, Proba d´amor e Miñatos de vran.
Esta obra estreouse anos máis tarde en Ourense en 1953.
Xa na súa cidade natal, en 1932, voltou á actividade musical
facéndose cargo novamente da dirección do Orfeón
Unión Orensana, para o que escribe boa parte da súa obra
coral. En 1934, alegando motivos de saúde, presenta a dimisión.
.A continuación retoma a súa actividade en 1937 como profesor
de música ata a súa xubilación.
|
|
Jesús Bal y Gay |
JESÚS BAL Y GAY [Lugo, 1905 -
Madrid, 1993] desenvolveuse en varios terreos musicais: musicólogo,
etnomusicólogo, compositor, ensaista,... Estudiou piano, harmonía
e contrapunto no Conservatorio de Madrid. Vinculado activamente na súa
xuventude ó movemento galeguista, entre 1928 e 1935 recolle moito
material de folklore galego, que non se publicará íntegramente
ata 1974 (Cancionero Gallego). Daquela viviu en Madrid na Residencia
de Estudiantes, adicado ó estudio da música antiga española.
En 1935 trasládase a Londres e de aí vai ó exilio
en México en 1938. Neste país publica varios tratados
musicolóxicos e leva a cabo un importante labor, contribuíndo
a crear a rica vida musical de México naquela época (foi
amigo de Stravinsky, así como frecuentou a Falla, Ravel, Rubinstein...).
En 1965 retírase e volta a vivir a España, onde é
invitado polo réxime, xunto con Rodolfo Halffter, como mostra
de boa vontade.
Como compositor entra dentro da estética neoclásica
da época. Todos os recursos técnicos teñen un emprego
meditado estéticamente.. É autor, entre outras, das seguintes
obras: Seis pezas para canto e piano encol de Verbas de Amado Carballo
(1930-31), Serenata para orquesta de cuerda (1942), Tres
piezas para orquesta sinfónica, Cuarteto de maderas
(1945), Sonata para clarinete y piano (1947), Cuatro piezas
para canto y piano (1948), Concerto Grosso (1951),e Hojas
de álbum para piano (1965).
|
|
Rodrigo A. de Santiago |
RODRIGO ALFREDO DE SANTIAGO MAJO [Baracaldo, 1908-
A Coruña, 1985] formouse no Conservatorio de Bilbao. Foi violinista
na Orquesta Sinfónica de Bilbao, subdirector da Banda de Erandio,
e director das de Munguía e Valencia de Don Juan. Chegou a
A Coruña no ano 1947 sendo xa un director e compositor porestixioso
(obtivo en 1942 o Premio Nacional de Música) para facerse cargo
da Banda e Orquestra municipais. Permanecería vinte anos na
cidade, onde tamén dirixíu a coral "El Eco",
e foi profesor de harmonía no Conservatorio. Tamén foi
académico e membro de honra de varias institucións.
En 1968 foi nomeado director da Banda Municipal de Madrid, onde estaría
ata a súa xubilación.
Foi un prolífico compositor e a súa obra é principalmente
de carácter vasco. Pero a súa longa estadía en
Galiza impregnou unha parte non derpreciabel da mesma. Destacan un
Requiem, dúas zarzuelas, La noche de San Juan
e La canción de Zoraida, Cuatro paginas de Música
Gallega, así como moitas obras para voz con acompañamento
de piano e orquestra, como Chirriar dos carros na ponte, Doce
sono, Tres cabanillescas, Meus recordos, e moitas outras.
|
|
Jesús González de Velasco |
JESÚS GONZÁLEZ DE VELASCO.
Naceu en A Coruña. Os seus primeiros estudios musicais realizounos
en Navarra. De retorno á súa cidade natal, foi organista
en varias parroquias e subdirector, durante 22 anos, da Banda Municipal,
así como director de varias agrupacións e coros. Creou
varias zarzuelas, entre as que destaca Forte deber é o querer,
e numerosas cantigas galegas, entre as que sobresae Tan solo.
|
|
Xoan Viaño |
XOAN VIAÑO [Ferrol, 1960 - 1991]. Cursou
estudos de música na súa cidade natal e nos conservatorios
de A Coruña e Santiago de Compostela, ampliando a súa
formación en numerosos cursos con Cristóbal Halffter,
Carmelo Bernaola, Luis de Pablo, Tomás Marco...
Entre as súas obras destacan: Los cisnes del lago Ontario
para banda magnética (1985), Transparencias para dous
violoncelos (1985), Metamorfosis para órgano, obra
que obtivo o "Premio de Composición Cristóbal Halffter"
en 1985, Músicas Nocturnas para 5 instrumentos (1986),
Preludio y postludio a Cabalum, In Memorian G. C.
para conxunto de metales, Canciones sobre el Cementerio Marino,
de Paul Valéry, Visiones para piano, Nubes
brancas, para orquestra de corda e Habbiamo fatto un bagno
para orquestra sinfónica.
|
|
Enrique. X. Macías |
ENRIQUE X. MACÍAS [Vigo, 1958
- 1995] De formación musical autodidacta, participou de 1980
a 1984 nos cursos de verán de Darmstadt. Foi compositor residente
nos estudios de música electrónica da Radio Finlandesa
(1981) e da Academia de Música de Cracovia (Polonia, 1982), así
como compositor convidado do Instituto de Sonologia de Utrecht (Holanda,
1985), Groupe de Recherches Musicales de Paris (1986 e 1988) e STEIM
de Amsterdam (1988). Tamén traballou no Espace Musical de Paris
(1987 e 1988). En 1992 participou no stage de verán para compositores
no IRCAM en Paris.
Entre os prémios obtidos cóntanse: Tribuna Internacional
Gaudeamus (Holanda, 1981 e 1984); "Cristobal Halffter" de
composición (1983); primeiro premio do concurso de composición
da Joveen Orquesta Nacional de España (1984)...
A sua obra foi gravada para as mais importantes radios europeas (RNE,
RAI, Radio France, NOS, Radio Finlandesa, ...), así como programada
en importantes festivais e tribunas internacionais.
A discografia completa de Enrique X. Macías, totaliza 4 Lp's
e 5 CD's.
|
|
Outros |
|
|
|
|
COMPOSITORES
ACTUAIS |
A música galega vive hoxe un bó momento, con
dúas orquestras sinfónicas, numerosas bandas, e escolas
de música e conservatorios nos principais pobos e cidades, por
non falar da saúde do noso folclore. O número de compositores
é moi extenso, destacando a figura de Roxelio Groba,
que no seu labor docente formou a moitos deles; outros estudaron fora
de Galiza ou marcharon fora por diversas circunstancias. Tamén
hai que salientar a tráxica perda de tres dos máis grandes
novos valores (Viaño, Macías
e Balboa), que nos deixaron demasiado cedo.
|
Carlos López García-Picos |
| |
CARLOS LÓPEZ GARCÍA-PICOS [Betanzos,
1922] Marchou a Arxentina exiliado en 1940, onde permaneceu ata 1984;
alí formouse coma compositor, estudando tamén en Francia
xunto a músicos coma Schmitt, Milhaud, ou D'Utilleaux, por
dicir algúns.
Recibiu varios premios, entre eles da UNESCO. Foi amigo de Daniel
Castelao, ao que acompañou nas súas derradeiras horas.
Cedeu dereitos dalgunha das súas obras á ONU. Algunhas
obras súas son: La farsa de la búsqueda (ballet,
1955), Quinteto de viento (estreado en París, 1958),
Cuarteto de corda n.1 (1973), Improvisaciones, Promenade
(para grupos de cámara), Interferencias (cello só),
Sindy, Elexía para un soldado (obras sinfónicas),
Fantasía ecolóxica, Concerto de trompeta...
Na súa producción musical nunca renunciou ás
súas raíces galegas a pesar de que, en sentido máis
amplo, pode considerarse como un músico comprometido co seu
tempo, coñecedor das vangardas das últimas décadas.
Ao regresar á súa terra, fundou a Asociación
de Compositores Galegos, e involucrouse de cheo no labor de promover
en Galiza a música máis vangardista.
|
Roxelio Groba |
| |
ROXELIO GROBA E GROBA [Ponteareas, 1931] Realizou
os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de
Madrid. Posteriormente trasladouse a Suiza, país no que estivo
sete anos, no que obtivo o Premio Internacional de Composición
Dante Luini e no que se organizaron catro festivais co seu nome en
recoñecemento ó seu labor artístico. A finais
da década dos 60 retornou a Galiza, establecéndose na
Coruña. Dende os sucesivos cargos que desempeñou (director
da banda e orquestra municipais, director e profesor no conservatorio...)
contribuíu grandemente á vida musical galega, especialmente
á herculina. Paralelamente nunca deixou a súa tarefa
compositiva, o que se traduce nun catálogo musical moi abundante:
ten aredor de trescentas obras que abranguen tódolos
xéneros, como o lied , abundante música de cámara,
once concertos para solista e orquestra, seis sinfonías, sete
cantatas, dous ballets e cinco óperas, entre outros.
Dende 1992 adícase exclusivamente á creatividade musical,
recoñecida con distincións como o Premio da Critica
Galega concedido en 1979, Premio Xunta de Galicia da Cultura en 1992,
Medalla Castelao 1995, nomeamento como “Galego do Ano”
en 2002 ou Premio Internacional Auditorio de Galicia 2004. É
membro da Real Academia de Belas Artes de Galiza, da Real Academia
de San Fernando de Madrid e do Instituto José Cornide de Estudios
Coruñeses.
|
Joám Trillo |
|
JOÁM TRILLO PÉREZ [Rons, Negreira,
1942]. Comezou os seus estudos musicais no Seminario de Santiago,
e continuounos no Conservatorio da mesma cidade. Entre 1972 e 1977
estudou no Conservatorio Santa Icía de Roma,. En 1977 regresou
a Galicia para facerse cargo da docencia e dirección do Conservatorio
de Santiago de Compostela, e posteriormente do de Vigo, no que na
actualidade imparte clases de Composición. En 1978 fundou
a Orquestra de Santiago, que posteriormente se transformou na Xove
Orquestra de Galicia, que dirixiu ata 1995, á que levou a un
alto grao de perfección e coa que ofreceu numerosos concertos
por toda a xeografía desta comunidade e mesmo polo exterior,
destacando a xira por diversas nacións de Hispanoamérica
(1992).
En 1996 trasladouse a Roma para estudar no Pontificio Instituto de
Música Sagrada, onde obtivo a Mestría en Canto Gregoriano
e Música Sagrada.
Como compositor é autor de obras para cámara, coro ou
orquestra, das que algunhas foron publicadas.
Conta cun importante labor musicolóxico e de edición
de música histórica de Galicia.
|
Paulino Pereiro |
| |
PAULINO MARTÍNEZ PEREIRO [A Coruña,
1957]. Reside entre Ferrol (A Coruña) e Vilalba (Lugo). Realizou
estudios de Profesor Superior de Frauta Traveseira e 4 cursos de Filoloxía
Galego-Portuguesa e Hispánica. Compositor de música
sinfónica e de cámara. As súas obras interprétanse,
á parte de na Galiza, en diferentes países de Europa
e América. Conferenciante sobre temas musicais.
Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey de 2004 coa
novela Sinfonía cíclica.
Recibe o premio do Certame de Creación literaria Carvalho Calero
co libro de relatos Habitar as illas no ano 2004.
Actualmente é profesor de Música de Secundaria.
|
Manuel Balboa |
|
MANUEL BALBOA [A Coruña, 1958-2004]. Tristemente
desaparecido aos 46 anos, o coruñés Manuel Balboa foi
un dos máis importantes compositores españois da súa
xeración. Balboa abarcou prácticamente todos os xéneros.
Entre o seu catálogo de obras destaca a creación dunha
ópera, El Secreto Enamorado, así como as bandas
sonoras dos films Canción de cuna, La herida luminosa e
El Abuelo, todas elas de José Luís Garci. Para
as dúas grandes orquestas sinfónicas galegas realizou
sendos encargos, Saturnal e O Camiño do Firmamento.
Esta peza foi nicialmente concebida como un concerto para violín
e orquestra, adquiere especial importancia la parte solista, además
de poner de relieve la percusión y las trompas.
Recibiu un premio Agapi polo seu traballo en Divertimento
e un dos seus últimos traballos foi a BSO de Ilegal
de Ignacio Vilar.
|
Juan Vara |
|
JUAN VARA GARCÍA [A Coruña, 1959]
Compositor e docente formado nos conservatorios de A Coruña
e Vigo. Membro fundador en 1987 da Asociación Galega de Compositores,
foi secretario da mesma entre 1988 e 1999. Actualmente é profesor
numerario no Conservatorio Estatal de Música de A Coruña.
É autor de obras pianísticas, lieder, música
de cámara e sinfónica. Algunhas das súas obras
son Aparición na distancia secreta e Al fondo
del espejo de la noche, a banda sonora da película "La
novia de medianoche"
Asimismo, é autor do libro-disco Julieta en Sueños
e Desde el abismo a la otra orilla.
|
Juan Durán |
|
JUAN DURÁN ALONSO [Vigo, 1960] Formouse no
Conservatorio Superior de A Coruña, Actual presidente da Asociación
Galega de Compositores, é autor de máis de 40 obras.
Cultiva preferentemente o xénero liederístico e a música
de cámara.Entre a súa producción destaca: catro
sonatas (para frauta e piano, para trompa e piano, para violín
e piano, e para cello e piano); Concertino e Suite (saxofón
e piano); Sonatina para clarinete e piano; Permanencias
(cuarteto con piano), Longa noite de pedra (cantata para
barítono, coro e orquestra), Juegos tímbricos
(quinteto de metais), Cantiga Finisterrae (soprano, barítono,
coro e orquestra) e máis dunha ducia de lieder; etc. Asimesmo
adicou unha especial atención tanto á transcripción
de pezas de distinta autoría (particularmente para Quinteto
de Metais) como á forma de Variación, escribindo obras
sobre temas de Pablo Sorozábal, Andrés Gaos, etc.
No ano 2000 consegue o Premio de Composición otorgado pola
Universidade Carlos III de Madrid.
|
Fernando Alonso |
|
FERNANDO ALONSO RODRÍGUEZ [A Coruña,
1961]. Aos nove anos comenza a estudiar música no conservatorio
da súa cidade natal, ampliando a súa formación
no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Actualmente
é profesor numerario de Ensino Secundario pola asignatura de
Música.
Obras para piano: La leyenda de Azalequia y Nirostán (1981),
Suite para piano (1986), Danza báquica y sentimental
(1991), Diálogos en la penumbra (2000), Voyages...
(2000). Obras de cámara: Tres canciones sobre poemas de
F.G. Lorca y una canción popular (1986. Revisada en 1993)
(Soprano e piano), El cuerpo y el alma (1993) (Canción
para barítono e piano) Monodias mélicas (1992)
(Viola e piano), Nocturno para once instrumentos (1987. Revisada
en 1993). Obras para orquestra: El sueño de una noche de
verano (1992. Revisada en 1995), Los Pájaros Cantores
(1996), Sinfonietta en fa (1998)
|
Xavier de Paz |
|
XAVIER DE PAZ LÓPEZ-NOVOA [A Coruña,
1963] Comenza os seus estudos no Conservatorio Superior de A Coruña,
ampliando a súa formación en Santiago, Madrid, Alemania,
EE.UU. e Italia.
En 1993 gaña o Primeiro Premio dos Premios SGAE para xóvenes
compositores coa obra Sentado sobre un golfo de sombra. En
1994 obtén o Premio Edward Diemente da Hartt School of Music,
University of Hartford. En 1997 gaña a primeira edición
do Premio Andrés Gaos coa obra Das Ausencias I.
Foi Compositor Residente da Joven Orquesta Nacional de España
no ano 1997.
Na súa obra O mencer dos soños, de Paz indaga
e recréase no ámbito do máxico e o onírico
|
Octavio Vázquez |
|
OCTAVIO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ. [Santiago,
1972] Estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid
e logo no Peabody Conservatory da Johns Hopkins University en Baltimore,
actualmente reside na cidade de Nova Iorque. Recoñecido por
moitos coma un dos líderes musicais da súa xeración,
Octavio ten escrito extensamente en tódolos xéneros,
dende música de concerto ata bandas sonoras. A súa música
ten sido interpretada en diversos países de Europa e América.
Premios e bolsas inclúen o II Concurso Internacional Andrés
Gaos, o IV Concurso Internacional Prokofiev e a bolsa da Fundación
Pedro Barrié de la Maza.
Algunhas das súas obras máis destacadas son: Styx
(sinfonía), Hermes, Memento; String Quartet
No. 3, Trío para flauta, fagote e piano, Sonata para
Viola e Piano No. 1 e 2, Trío para Flauta, Viola e Cello, Danzas
Galegas, Ciclo de cancións para voz e trío con piano,
Trío para Violín, Cello e Piano, Dezanove Preludios
para Piano, Sonata para Violín e Piano No. 2., Cancións
sobre Poemas de Ilia Galán.
|
Outros (perdón polas omisións) |
-
Jorge Berdullas del Río
-
R. Biveinis
-
Carlos M. Cambeiro Alis
-
David Cuevas
-
M. Fernández Amor
-
Luis Fernández Espinosa
-
Rudesindo Fernández Soutelo
-
Frei Juan Méndez Pérez-Fanego
-
J. Miguélez
-
Julio Montero
-
Manuel Mosquera
-
Casiano Paredes
-
Antonio Peña
-
Juan Pérez Berná
-
M. Paz Pita
-
Antón L. Pulido
-
Manuel Rodeiro
-
Julián Samuel
-
Manuel Varela Sanjurjo
-
Fernando Vázquez Arias
-
Xoán Antón Vázquez
Casas
-
Elixio Vila Vázquez
-
Margarita Viso Soto
-
J. González López
-
Ricardo Fortes (Cuba)
-
José Guede (Cuba)
-
Luis Taibo García (México)
|
|
|
|
|