CHICOS, rematou o tempo !!!. Estas verbas tantas veces escoitadas na aula de historia agora aféctame a min. Chegou o intre de abandonar estas catro paredes e iniciar novos retos, novas aventuras, poder facer aquelas cousas para as que non tiven tempo..., volver unha vez mais e con tempo ao meu Renacemento e Barroco italiano...

Gracias a todos e todas que me aturáchedes na vosa estadía no Martín Códax..., e sabede que aínda que non estea na Escola seguirei ao outro lado da pantalla na mesma dirección á que tantas veces mandávades os traballos: auladehistoria@gmail.com

Posiblemente esta páxina voltará a vida mais adiante sendo un blog de curiosidades históricas..., xa verei !!!

Apertas e biquiños para todos e todas.