Viaxe por Galicia e Castela León
Para o estudio e confección dun caderno de traballo no que daremos unha ollada a historia dende a romanización ata o século XVII e que artellaremos en torno os seguintes centros de interés:
-SANTA MARÍA DE OSEIRA para o estudo da introducción do Cister no noso país e a vida nun mosteiro medieval.
- LUGO:
O Lugo romano
A cidade medieval e a importancia da súa catedral como mixtura de estilos.
- TORDESILLAS:
A praza maior. Concepto e importancia nas cidades antigas.
Mosteiro de Sta Clara. O mudejar na historia da arte hispana e a arte gótica nas capelas funerarias.
As casas do Tratado. O feito histórico e a súa importancia no contexto dunha época.
- SALAMANCA:
A ponte romana e o Tormes que serve, non só, para analiza-la orixe da cidade senon para ve-la influencia do lugar na literatura do século de ouro.
As prazas maiores, que servirá para analizar o esquema da praza maior castelán tanto no aspecto señorial como popular.
As Catedrais e Santo Domingo, co estudio da evolución da arte dende os séculos medievais ata o século da decadencia hispana