| 
 | http://www.promesasdeleste.es/ Promesas
do Este. David Cronenberg Volta
David Cronenberg co que semella outra versión da anterior "Unha historia
de violencia", ademais do seu actor fetiche do momento, Viggo Mortensen,
retoma parte da temática e a estética narrativa, afastándose
con cada novo traballo do seu persoal, visceral e morboso estilo que o fixera
un director de culto con películas coma The fly, eXistens ou Crash
para converterse nun director menos turbador, máis maduro e comercial.
O cal é unha pena. Promesas do este é unha boa película,
seguro que con serias aspiracións ós Oscars; excelentes interpretacións,
unha boa posta en escea, ritmo, e un guión solvente, cunha trama sinxela,
pero chea de matices e personaxes verosímiles e complexos (algo que
escasea últimamente na industria norteamericana). Sen embargo podería
ser unha película máis de Steven Soderbergh, Paul Haggis ou
Scott e, quitando a escea da sauna, e o emprego que fai do corpo,as tatuaxes e
as feridas, coma parte dos perfil psicolóxico dos protagonistas, ninguén
notaría nada.
Dende
a primeira secuencia da barbería non sei se polo manexo da cámara,
a música e a temática "Promesas do este" non deixa de
lembrarme ó Padriño, pero situada no Londres actual e cunha
familia de mafiosos rusos e nun feito familiar concreto. Quizáis este film
faga que paguen xustos por pecadores co uso do bilingüismo nos diálogos,
sobreexplotando o cliché de falar en Italiano (aquí ruso) nas películas
de mafiosos, recurso eficiente para dar ambiente e realismoas personaxes, e aquí
moi aclamado polos especialistas en acentos, pero que chega a fartar
e as veces a non ter sentido na trama alternar as dúas lenguas de xeito
gratuito. A esto hai que sumar que n coma espectador non se acabe de crer
a historia do diario oculto da xoven prostituta, nin o feito en sí ni a
súa prosa. pese a esto a historia está tan ben construída
que facemos un pase e creémolono.
O elenco de interpretacións
está tremendo, pero quero salientar a elección de Vincent Cassel
para o violento e pseudogai fillo do "Padriño" ruso, que permanece
algo eclipsada por Mortensen e a recuperada Naomi Watts que andaba algo perdida
entre melodramas e comedias románticas. Un Cassel que entra máis
no perfil de "Chico Cronenberg".
Para rematar volto ácomparación
inicial con "Unha historia de violencia" ambos films son violentos sen
ter máis que duas esceas explícitas, pero con suficiente forza
coma para ser as encargadas de empapar e entonar toda a película, e que
sumadas as interpretacións e a estética ténebre crean unhaambiente
de tensión constante no espectador ante a expectativa de violencia que
fai o director.
|
 | http://www.tripictures.com/fracture/fracture.html
Fracture.Gregori
Hoblit Non
son eu moi amigo dos thrillers xudiciais, pero sí das grandes actuacións
e sobre todo dos duelos interpretativos. Vin fracture polo que prometía
xuntar ó consolidado Anthony Hopkins co emergente Ryan Gosling, do que
quedara con gran sabor de boca trala súa interpretación en Half
Nelson.
Fracture
é o típico film onde o tópico maduro, listo e adinerado inxeñeiro
aeronáutico Ted Crawford (Anthony Hopkins) urde un plan perfecto para
mata-la súa guapa e infiel muller (Embeth Davidtz) e de paso vingarse do
seu amante e mofarse dun xoven e ambicioso fiscal Willy Beachum (Ryan Gosling),
para así deleita-lo seu ego por partida triple. O film desenroláse
seguindo o decálogo do xénero: preséntansenos os personaxes
cun par de gags para que vexamos o listos que son e o tipo de moral que se gastan,
apóianse moi ben nos decorados e nos accesorios, con excelente fotografía
e música, o máis puro estilo das produccións de Hollywood,
ten os seus xogos psicológicos fiscal/acusado, a investigación policial,
o amago de que o malo gana e a ocurrencia final suxerida por algo anecdótico
para gaña-lo caso. Unha desas películas entretidas que ben podería
ser protagonizada por Tom Cruise e tería un par de persecucións
e coches destrozados e arrasaría en taquilla o fin de semana. Para
que busque algo máis que ocio solvente só lle queda asirse ás
interpretacións, que
bueno: Hopkins
segue metido en papeis alimenticios que solventa ben, porque é un gran
actor, pero onde non engade entusiasmo nin nada novo, parece permanecer anclado
na sombra de Anibal Lecter e que o espectador o sega identificando con el para
perfilar as súas personaxes. ¿Realmente resulta inquedante e complexo
neste papel? Eu penso que vémelo así polo que foi. Estou seguro
de que o director sacou parte do seu metraxe e o sustituiu por minutos de
grabación das máquinas de bolas que se supón que construe
o seu personaxe para transmitirnos esa idea dunha mente rica, analítica
e laberíntica porque Hopkins aburría. Nen sequera o motivou o aliciente
de compartir planos co ascendente Gosling, a penas algún susurro e un guiño
de humor británico ca súa peculiar voz (non sei coma quedará
a peli cando a doblen) Por
outra banda é o papel do fiscal Beachum o que leva o film e a mayor parte
da metraxe, tamén o máis complexo; o xoven fiscal está nun
momento de transicición, trátase do seu derradeiro caso antes de
pasarse a un gran bufete privado, trama secundaria que aprota bastante tesnión
e intensidade. Gosling continúa a demostrar que o pedazo de actor que é
nese repertorio cadencioso que posue e que quizais levado pola desidia de Hopkins
non acaba de evolucionar aquí. Espero velo pronto nalgún papel de
psicópata ou tarado para ver como se move nese rexistro máis
extrovertido e o que da de sí. |
 | http://www.elcaminodesandiego.com/
El
Camino de San Diego. Carlos Sorín Parece
que non é suficiente con estrearse con éxito na Arxentina a finais
do 2006, por contar con respaldo unánime en diversos festivais como
o de San Sebastián, con ter coma reclamo a Maradona ou con ser dirixida
polo aclamado Carlos Sorín. Para ver El camino de San Diego non chega
con que só se estrene en asterianos cines subversivos das grandes
distribuidoras e productoras, parece que tamén escapa as cadenas de
videoclube e nos queden coma sempre internet e os festivais locais de cine (pese
ó esforzo destes últimos as veces chegan con 1 ou 2 anos de
retraso). Non
creo que a cuota de pantalla que quere poñer o goberno sexa unha solución
definitiva, pero sí un elemento máis para suavizar a curva desa
pescadilla que se morde a cola de se non se ve cine hispanoamericano porque non
o proxectan e non se proxecta porque non se ve. ¿de que pode servir
a efectiva promoción boca a orella se non hai opcións nen tempo
suficiente en cartel para ver determinadas películas? El
camino de San Diego é unha desas películas que motivan a que un
quera pagar a entrada por apoiar proxectos coma este. Semella imposible non
querela pola súa sinxeleza, pola sinceridade, por conmovedora, por saca-los
sentimentos a flor de pel. Carlos
Sorín cambia o escenario da Pampa pola selva amazónica de Misiones
(Norte da Arxentina, fronteira con Brasil). Pero continúa ca personalidade
e os elementos que levan definido o seu estilo: personaxes cotidianas, pobres,
case marxinais, movidas polos seus desexos nunca viaxe iniciática.
Con actores non prefesionais, un gran traballo de casting, que pese a perder forza
nas actuacións e seguro que motivar cambios de guión enchen
a película de frescura e ternura. Manten a sinxeleza en todo, un minimalismo
de elementos, quítalle discurso intelectual para quedarse no plano do sentimento.
É necesaria unha chamada de atención a Sorín, non basta un
cambio de paisaxe, o seu cine estase a converter en reiteracións da
mesma película. El camino de San Diego quizais aporte máis ritmo,
e algún novo elemento coma o tratamento documental con achegas ó
realismo máxico da presentación da personaxe. Pero pode que remate
agotando o maravilloso estilo do director. Tati
Benítez, fan incondicional de Maradona, traballaba na tala dos bosques.
Queda en paro e búscase a vida percurando raices de curiosas formas para
un tallista local. Unha tarde sorprendido pola tormenta topa unha raiz cá
forma de Maradona, coincidindo no tempo co ataque ó corazón
que puxera en vilo a súa vida e movilizara a centos de fans que vitoreaban
e apoiaban na entrada da clínica e da súa vila; a mín sempre
me quedará no recordo a imaxe dunha pancarta no telediario: "Jesús,
vení y salvá a tu viejo". Convencido de que se trata dun
sinal e apoiado pola súa xente Tati decide ir a Buenos Aires a levarlle
a estatua e mostralle o apoio a El Diego. Con
este plantexamento Carlos Sorín crea, coma neutros films (Historias
mínimas, Bombón, el perro), unha road movie, fuxindo das paisaxes
postaleras e dos tópicos folkloristas, ofrécenos unha historia movida
polos soños e as ilusións, tema universal latente tralo aparente
localismo do provincianismo arxentino. En certo sentido lembroume a Amelie, a"Amelie
de Misiones", polo carácter puro e soñador de Tati, a música,
a voz do narrador, os personaxes secundarios que van poboando a viaxe, todo está
acoplado para producir un áura sentimentalista e emotiva que envolve
ó espectador pola beleza da naturalidade, a humildade e inxenuidade.
|
 | http://www.grindhousemovie.net/ Grindhouse
Tras
Half Nelson segunda pre-estrea. Trátase da nova peli da noutrora simbiótica
e cachonda colabroración entre Tarantino e Robert Rodríguez. Tras
realizar xuntos Aberto ata o amencer, e colaborar en Four Rooms
e Sin City. Vólvennos a ofertar unha peli que se vende coma
codirixida, pero que na realidade se trata de dous films escritos e dirixidos
de xeito independiente, e presentados a modo dunha das famosas dobres sesións
habituais nos autocines americanos dos 70. Ambos films adoptan a estética
setentera en todo; música de reminiscencias discotequeras,
ton de serie Z, incluso efectos forzados de celuloide raiado, bobinas queimadas,
cor alterada e un longuísimo etc. que nin sequera un fan das pelis
cutres de zombis coma min pode abarcar. Conceptualmente e cá filmografía
do autores un podería pensar que se trate de: a)
Unha comedia con tintes gores coma o precedente de Aberto ata o amencer. b)
Un film homenaxe a toda esa cultura de videoclube barato que profesan ámbos
directores ó xeito da altibaixa Kill Bill. Podería
haber un C que mesturase A e B, pero en fin
Grindhouse tendería
a ser unha amalgama dos xéneros que alimentaron adolescencia de ambos
enfants terribles do cinema (kárate, zoombies, gore, serials killers,
road movie
) senon fose porque é unha simple e sinxela copia de
calqueira destos films, só que con presusposto para unha peli taquillera
actual. En
europa vanse estrear coma dúas películas independentes, uns dín
que porque non se entendería a idea da cultura norteamericana das dobres
sesións neste tipo de pelis. Outros optan polo máis evidente: recaudar.
|
 | Planet
Terror É
a parte de R. Rodríguez. Repítome no anterior para que quede ben
claro: Para quen vise algunha peli de zoombies cutre setentera esta será
unha peli máis, sen pena nen gloria. Dende os 60 estas películas
foron proliferando coma subxénero menor, cá conseguinte merma
de presuposto, á sombra dos populares Drácula, Frankestein e homes
lobo que pululaban polas pantaias dos USA. Sementaron o xerme do actual fenómeno
friki e tiveron o seu merecido cenit co video Triller de Michael Jackson
a principios dos 80. Logo quedaron coma restos nas estanterías polvorentas
e libres que deixaban as pelis porno, onde eran pasto de sesións multitudinarias
de adolescentes ou curiosos cinéfilos.
Rodríguez limítase a repetir algunha destas pelis sen esquecer nin
por erro algún dos seus clisés: mozas cachondas e inxenuas soas
na noite, algún personaxe de pasado misterioso, chistes fáciles,
bases militares con bidóns tóxicos ou virus que se expanden, aldea
freak na ámerica profunda, sheriff, bares de striptease
incluso a
cámara en man, uso excesivo do primeiro plano e, como non, do plano
detaie para as esceas sanguentas, e coma colofón a típica escea
final da loita dos personaxes que previa xuntanza na tabernavan a polos zombis
armados co que topan. Esquema repetido xa en Aberto ata o amencer. Os
únicos brochazos de personalidade de R. Rodríguez sobre o xénero
son usar un feixe de actores coñecidos, salvo Bruce Willis e Kurt Rusell,
sacados da televisión coma o Naveen Andrews (Lost) o Freddy Rodriguez
(A 2 metros baixo terra), Rose McGowan ( Embruxadas). Tamén
os seus mexicanos fetiches, coma Danny Trejo. Para mín o mellor da película:
o trailer de Machete (porque ata aquí tamén meten o tema
das dobres sesions, con falsos trailers de películas a modo de microcortos
gores), unha pena que Rodríguez non optara por facer esta película
agora e deixar o dos zombis para o trailer, parece ser que está en fase
de preproducción. E a música: mantén as melodías
desesperantes con fondo de baixo reiterativo, pero inclúe temas de rock
mexicano da súa propia banda, tamén coma noutras pelis. Finalmente
algunha escea de comedia grotesca, coma a do persoaxe que tenta conducir cas mansparalizadas
ou a inserción dunha metralleta coma perna ortopédica da prota
despois de que os zombis lle comeran a boa. Como
resumo: os fans das pelis de zombis estarán noraboa porque teñen
un producto máis, seguro que o tirón mediático desta fará
que rescaten do baúl dos recordos outras e aparezan rápido en internet.
E para os que nunca viran unha de zombis, bueno, se nunca viron non creo que
sexa hora de empezar agora e menos con esta.
|
 | http://www.deathproof.net/ Death
Proof Fai
anos, se me preguntasen cal é o meu director favorito seguro que Tarantino
sería uns dos primeiro nomes que me viña á cabeza. Tería
15 ou 16 anos cando vin Reservoir Dogs nas míticas e extintas sesións
do cine clube ADEGA (a aposta máis sensata que se fixo polo cine de
calidade en Vilagarcía) aquela noite máxica descubrín, ou
fun verdaderamente conscente, do tempo cinematográfico e as súas
posibilidades. Quedara impresionado pola forma de narrar a historia, polos flashbacks,
polos diálogos, pola música
Foi unha revelación
semellante á de (pouco tempo antes) que a cámara se movía,
foi en Sed de mal, de Welles. Logo veu Pulp Fiction para terminar
de asentar a Tarantino nun dos meus pedestais de mitos. Death
Proof é, como tódalas colaboracións con Rodríguez,
unha broma, unha falcatruada, unha peza de entrementeto, pero sobre todo unha
serra eléctrica de pedestais. Se
Rodríguez optou por copiar un xénero o seu colega fixo algo semellante,
Death Proof vai dun dobre retirado de esceas acción en vehículos
, Kurt Rusell fai dobrete, que se dedica a percorrer baretos de carretera buscando
víctimas (evidentemente grupos de mozassexis con licra). Ata aquí
o perfil dun psicokiller calqueira, nunca pseudo-roadmovie. Tarantino engade a
orixinalidade (ou polo menoseu eso non o vira) de que usa o coche, un tuneado
para sair vivo de esceas de choques, coma arma. Non para atropelar, aínda
que tamén, senon que senta as tipas e a base de frenazos, aceleróns,
xiros, etc. vainas golpeando ata matalas en plan gore. Nas segundas víctimas
elas rebótanse e acaban por zouparlle a el. Esa é a película Non
hai xogos cos tempos, personaxes complexas, dobres sentidos, xiros, finais inesperados,
diálogos intelixentes ou divertidos nin nada que se lle asemelle. O
único toque tarantinesco son o número de tacos por frase do tipo
"esta zorra e o seu puto cu negro vante joder fillo de puta" e o
modo de filmar un diálogo a 4 dentro dun coche. Cóstame decir esto,
pero aproveitando que aquí se estrearán coma 2 pelis independientes
non vaiades ó cine, ou polo menos a ver esta. Baixadeas cando podades,
da igual se en screener ou non, non ides notar moito cambio, e mirádeas
só se vos aburrides moito.
|
|