LÚA.

As veces para facer determinadas fotos dependentes de certa tecnoloxía non é preciso ter unha gran cámara ou teleobxetivos, simplemente con gañas, paciencia e sacrificando un chisco o pixelado todo é posible.
Fruto desta filosofía son unha serie de fotos da lúa chea de febreiro, un momento case máxico, a oscuridade, o frío, conter a respiración metres se fixa o trípode... sempre pensei que fotografia-la lúa sería cousa de ter un bo zoom e punto, craso erro.
Estas fotos están tomadas ca miña Lumix de Panasonic, obxetivo Leica: 1:2.8 -3.3 / 6-72, a 7mpx (foime imposible facer un tiff)
e zoom óptico 12x (interpolado,co dixital, claro está).
Para que non parecera que lle disparara a un alóxeno tiven q facer moitas probas de exposición, cría que os cráteres sairían simplemente a base de zoom, pero estaba totalmente errado, era a luz. Igualmente costoso e usar o trípode, o mínimo movemento milimétrico descentra o motivo, obvio pola multiplicación do zoom, a semellantes distancias un milímetro poden ser 10 grados.
Bendido autodisparo retardado. Outra cousa, esencial usa o visor óptico, o lcd por moi bo que sexa pérdese nas cores e na luminosidade.

O resultado está lonxe do Nacional Geografic, pero foi unha grata experiencia. Un saudo ós selenitas.

 


RETRATO INFANTIL

Desde o nacemento de Antía a parte de 6 felices meses e abandoar o blog, fun sacando algunhas cosas en limpo sobre o retrato
ós cativos . Aí van:

Alonxarsearse e tirar de zoom. Se por defecto a proximidade da cámara xera certas distorsións, por mor das proporcións
dos nenos este efecto multiplícase e é o principal motivo malas fotos.
Algunhas cámaras traen unha opción de retrato, incluso retrato infantil, normalmente o que fan e traballar con maiores
aperturas de diafragma preprogramadas para enfocar mellor. O cal non garantiza nada, pero ten coma ventaxa usar esos parámetros como orientación.
Para gañar en expontaniedade e sobre todo captar o momento preciso ir a opcións manuais, deixalas configurada e anular
a pantalla lcd, así conseguiremos velocidade na toma da foto.
A opción multidisparo para asegurar non é nada recomendable.
Eu non son partidario do flash para nada, aquí tampouco faría ningunha excepción.
Acercarlle ó neno a cámara primeiro para que a toque, incluso deixarlle babar certas parrtes, unha vez estea familiarizado con
ela non estará tan pendente de porque os pais se ocultan detrás dunha cousa.
As veces pode resultar útil activarlle sonidos de enfoque a cámara, son un reclamo da atención do neno que ollará cara o son, outras veces pode ser contraproducente porque alertará do momento.
A reducción de ollos roxos non soe funcionar porque e raro q o neno manteña a vista fixa na cámara previo á foto, se non
tendes moitos escrúpulos e queredes un retrato específico dádelle un muñeco desos de luces psicodélicas ou que mire un
foco de luz (acuario, pantalla) ou algo que lle guste, peluche favorito, etc por efectos ópticos e psicológicos minguará a pupila
e evitaremos os ollos de poseido
Ter sempre, sempre a cámara preparada. É unha obviedade, pero vaga a pena repetila porque nunca, nunca se sabe cando fará
algo digno de inmortalizar.

Dous exemplos bastante ilustrativos:



LOMOGRAFÍA
http://www.lomospain.com/home/index.php
http://www.bbc.co.uk/bbcfour/documentaries/lomo/


Smena e funda orixinais.
Auténtico deseño soviético!!!

 

 

 



Detalle da peza de carrete acopalada,
un faio con solera

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Hai vai a miña libre interpretación do que pon a wikipedia:

Parece ser que no 82 un xeral do exército soviético e un colega plaxian o deseño dunha cámara xaponesa, unha Minox,
co finde facer unha desas produccións industrias soviéticas con precios asequibles para o pobo. Lomo son as siglas de
Leningrádskoje Optiko Mechanitschéskoje Objedinénie, unha cooperativa de ópticos que traballaba tamén en
componentes militares.

A particularidade da cámara reside no obxetivo, tamén copia do xaponés, pero cun diafragma máis luminoso (f 2,8)
que sumado ó pequeño tamaño da lente sacaba imáxes e cores peculiares. O primeiro modelo en sair foi a L-CA, unha
superventas dos 80 nos paises da órbita soviética. Existe un extenso apartado de mitos sobre a idea das Lomos e os seus
usos (espionaxe na guerra fría, etc).

O renacemento das Lomos como elemento da cultura Pop tamén semella ter algo de mito parece estar datado en 1991 cando
uns estudiantes vieneses de vacacións en Checoslovaquia encontraron Lomos vellas nos mercadillos. Tomaron fotos por xogo
e fliparon cos resultados cando revelaron xa de volta a Viena. Co boca a oido foron poñendo de moda as Lomos e montaron
un negocio de pillalas nos paises exsoviéticos e revendéndoas a outros frikis.

Un par de anos despois e unha vez xuntaron a panda montaron a Lomographische Gesellschaft (Sociedade Lomográfica), institucionalizaron o tema con exposicións, búsqueda de modelos, catálogos…

O problema é que as Lomo xa se deixaran de fabricar, e seguindo co tema de mito das Lomos, parece ser que liaron a Putin
(sí, Vladimir, por entón alcalde de San Petesburgo) que tamén era outro friki da lomografía e retomaron a producción das
cámaras. Está claro que o tema globalizouse como ocorre con todo, dende que tiveron páxina web. Unha vez os lomógrafos
tiveron un lugar de encontro, de debate e de escaparate volveuse un movemento a nivel mundial: lomolimpiadas, tendas,
libros, novos modelos e demáis.

Está cultura Pop e de modernotes adoptou a Lomo coma seña de identidade, elemento cool, ben sexa polo seu colorismo,
pola súa marxinalidade, exclusividade, etc.

Persoalmente estou convencido de que, inda que curiosamente obviado, un dos elementos do éxito das Lomos está na
(neoloxismo de cosecha propia) Lei dos antagonismos culturais; cada tendencia ten unha contratendencia e a moda,
a parte da novedade e a orixinalidade, esixe unha dose de iconoclastia. O fenómeno dixital cos baixos costes, ca pantalla
que permite control total do encadre e do que sae, que deixa escaso lugar á improvisación e a espontaneidade con modos automáticos máis que correctos e precios afortunadamente asequibles, case clama a berros un antagonista: a Lomo unha
sorte de cores exaltadas e impredecibles, de dispara sen pensar, de mitoloxía, de curiosidade e de reclamo estético e case de contestatario ideolóxico.

A miña Lomo:

Fai un par de meses decidín puxar en e-bay por unha Lomo, podería habela comprado na Reixa tenda por 60€, de nova fornada,
con tódalas garantías e seguro de que funcionaría, pero a Lomo necesita ese compoñente de mito e de frikismo, así que me puxen mans á obra. Evidentemente comprei unha rusa orixinal (ou cando menos ucraniana) cá funda de serie de vinilo e o defecto
común de non correr ben o negativo, vamos, a SMENA que vedes na foto, 19'90€ gastos de envío incluidos, vendedor excelente
e ademáis ruso afincado en España.

A cámara mola, é a da foto, pero os resultados son totalmente de arte e ensaio. En primeiro lugar tiven que acoplarlle unha peza
dun carrete usado e acoplarlle o negativo con celo. En segundo tirei o primeiro carrete porque non me correron ben. En terceiro, cando logrei que correran non se axustaban ó número que marcaba a cámara, polo que no revelado cortaron case todas. Cuarto, este é máis ben unha recomendación: levadeas a revelar a un sitio medianamente profesional, xa veredes cando pidades en fototiendas un revelado cruzado que cara vos poñen. En fín que gastei 2 carretes e un revelado para un par de fotos en limpo
(deixo unha escaneada ). A doble exposición non me funcionou ben, pero eso igual fun eu.
Pero ese panorama non me desanimou, estiven mirando cámaras Lomo de nova xeración e non dan problemas e son un vicio.
Na seguinte chapucilla toca autoregalarme outra Lomo!!!

Decálogo Lomográfico:

1. Leva sempre a cámara contigo.
2. Utilíza de día e de noite.
3. Lomografiar non interrompe a túa vida cotidiana, pona en escea.
4. Dispara dende a man, non dende a cara.
5. Acércate todo o que poidas ó teu obxetivo.
6. Non penses
7. Sé rápido.
8. Non é necesario saber o que tes no carrete no momento.
9. Logo tampouco
10. Non te preocupes por ningunha das regras.

 

Entradas anteriores: As 4 estacións da fotografía. O gato