O Planeta Auga

INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO CONCLUSIÓNS AVALIACIÓN GUÍA DIDÁCTICA
 

GUÍA DIDÁCTICA

COLEXIO: C.E.I.P. San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

TÍTULO: O Planeta Auga.

NIVEL: 5: e 6: de Primaria

AREA: Coñecemento do Medio.

INTERDISCIPLINARIEDADE: Lingua, TICs e Educación Artística.

 OBXECTIVOS PERSEGUIDOS:

  1. Analizar as relacións e interaccións dadas entre a auga e a vida humana, animal e vexetal.

  2. Afianzar ao alumnado no uso das novas tecnoloxías.

CONTIDOS:

A auga:

  • Composición química e propiedades.

  • Estados físicos nos que se atopa.

  • Lugares onde se atopa.

  • O ciclo da auga.

  • As correntes, as ondas e as mareas.

  • O tempo atmosférico.

  • Como inflúe nos seres vivos.

  • Usos e contaminación da auga.

  • Como aforrar auga.

TEMPORALIZACIÓN: Esta webquest tería a duración dunha unidade didáctica, en torno a oito ou dez sesións. Sempre habería que ter en conta as características do grupo ao que vai dirixida.

RECURSOS: As webs e documentos proporcionados aos alumnos nas actividades e os materiais necesarios para realizar os traballos requeridos.