INICIO INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN GUÍA DIDÁCTICA CONCLUSIÓNS

 

     AVALIACIÓN

 
Excelente
Bo

Regular

Fase 1 Tras visitar os enlaces adxuntados sobre a cidade de A Coruña completan correctamente a ficha informativa e o álbum fotográfico con todos os datos solicitados. Tras visitar os enlaces adxuntados sobre a cidade de A Coruña non completan correctamente a ficha informativa e/ou o álbum fotográfico con todos os datos solicitados. Consultan algunhas das webs propostas.
4 Puntos. 3 Puntos. 1 Punto.
Fase 2
Tras estudar o presuposto da empresa de autobuses e visitar a Web de Renfe elaboran correctamente os orzamentos, nos que aparecen todos os datos que se lles pediron e recomendan xustificadamente un deles. Tras estudar o presuposto da empresa de autobuses e visitar a Web de Renfe elaboran os orzamentos, nos que falta algún dos datos que se lles pediron e recomendan xustificadamente un deles. Visitan a Web de Renfe e recomendan  un presuposto sen xustificar ou incorrectamente razoado.
3 Puntos. 2 Puntos. 1 Punto.
Fase 3
Visitan a Web da Guía Campsa, calculan correctamente a ruta da viaxe e a imprimen. Visitan a Web da Guía Campsa e calculan correctamente a ruta da viaxe. Visitan a Web da Guía Campsa, pero non son quen de calcular correctamente a ruta da viaxe.
3 Puntos. 2 Puntos. 1 Punto.
Fase 4 Tras visitar os enlaces adxuntados sobre os museos científicos coruñeses, completan correctamente o folleto informativo con todos os datos solicitados. Tras visitar os enlaces adxuntados sobre os museos científicos coruñeses, non completan correctamente o folleto informativo con todos os datos solicitados. Consultan algunhas das webs propostas.
4 Puntos. 3 Puntos. 1 Punto.
Fase 5 Elaboran un programa ben estruturado, calculando ben os tempos e incluíndo a viaxe en autobús, as visitas, as comidas.... Elaboran ben o programa, pero hai algún erro á hora de calcular ben os tempos e/ou non se inclúe algunha das actividades. Hai moitos erros na confección do programa ou non o deron rematado.
3 Puntos. 2 Puntos. 1 Punto.
Fase 6 Realizan correctamente os cálculos propostos e a autorización e completan a carpeta cos documentos elaborados. Fallan na realización dalgún dos cálculos propostos e/ou na autorización, pero completan a carpeta cos documentos elaborados. Fallan na realización dos cálculos propostos e/ou na autorización ou non os fan e, polo tanto, non completan a carpeta.
3 Puntos. 2 Puntos. 1 Punto.