o;? Sin título 4
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO CONCLUSIÓNS AVALIACIÓN GUÍA DIDÁCTICA
martelo

GUÍA DIDÁCTICA

COLEXIO: C.E.I.P. San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

TÍTULO: Os oficios tradicionais.

NIVEL: 5 e 6 de Primaria

ÁREA: Coñecemento do Medio.

INTERDISCIPLINARIEDADE: Lingua, TICs e Educación Artística.

 OBXECTIVOS PERSEGUIDOS:

  1. Analizar e valorar os oficios tradicionais como unha expresión da cultura da nosa Comunidade.

  2. Afianzar ao alumnado no uso das novas tecnoloxías.

CONTIDOS:

Os oficios tradicionais:

  • Lugar onde traballa o artesán.

  • Produtos que elabora ou arregla.

  • Materias primas que utiliza.

  • Ferramentas que emprega.

  • Proceso de elaboración dos produtos.

  • En que zonas de Galicia é máis típico?

  • Utilizan algunha linguaxe especial do oficio?

  • Ditos, refráns e adiviñas sobre o oficio.

TEMPORALIZACIÓN: Esta webquest tería a duración dunha unidade didáctica, en torno a oito ou dez sesións. Sempre habería que ter en conta as características do grupo ao que vai dirixida.

RECURSOS: As webs e documentos proporcionados aos alumnos nas actividades e os materiais necesarios para realizar os traballos requeridos.