o;?
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO CONCLUSIÓNS AVALIACIÓN GUÍA DIDÁCTICA
Os oficios tradicionais
Oleira

Na actualidade, cando queremos mercar calquera cousa, imos á tenda, ó supermercado ou ó hipermercado e xa a temos, pero isto é así dende hai só uns poucos anos.

Ferreiro

Antigamente, en Galicia a inmensa maioría da xente vivía en aldeas e pequenos pobos e a penas había tendas. Moitas das cousas que necesitaban xa as producían na casa: a maioría dos alimentos cultivábanos ou obtíñanos da cría de animais. As cousas que non producían, como os zapatos, as ferramentas ou os mobles, tiñan que mercalas na feira ou encargarllas a un artesán.

Cestera

Nos pobos galegos había moitos artesáns:os oleiros elaboraraban pratos, tazas e vasillas; os ferreiros facían as ferramentas para os campesiños; os cesteiros confeccionaban cestos; os canteiros tallaban as pedras para as construccións...

canteiro

Cando comezan as fábricas a producir en serie, en grandes cantidades e máis barato, moitos destes oficios foron desaparecendo. Hoxe xa quedan moi poucos oficios tradicionais.