|
Con esta actividade conseguiuse que @s
alumn@s:
- Aprendan a buscar a información dunha
forma guiada e cuns medios técnicos adaptados ao mundo das
tecnoloxías da información e a comunicación.
- Seleccionen as mensaxes en función da
información requirida, arquivando, procesando e organizando o
traballo colaborativo dos distintos grupos.
- Reforcen os contidos traballados,
aproveitando o uso de ferramentas TIC para conseguir que sexan
os protagonistas da súa propia aprendizaxe.
- Busquen e recompilen información por
outros medios: biblioteca, familia, veciños, concello, oficina
de turismo; e utilicen diversas ferramentas: cámara dixital,
impresora...
- Elaboren un material útil para eles e
os seus compañeiros e para presentar a aquelas persoas que
queiran coñecer Pontevedra.
En resumo, despois de terminar este
proxecto aprenderon novas cousas acerca da nosa cidade, ademais de
utilizar para iso as novas tecnoloxías, descubrindo as posibilidades
que Internet nos ofrece, así como reforzando o respecto e a
colaboración no traballo en grupo.
Imos a comprobalo mediante a realización das seguintes
actividades.
|