o;? Pontevedra
INICIO INTRODUCIÓN TAREFAS PROCESO CONCLUSIÓNS AVALIACIÓN
COÑECEMOS PONTEVEDRA
Guía didáctica

Centro:

CEIP San Martiño (Salcedo-Pontevedra)

Título:

Coñecemos Pontevedra

Áreas:

Afecta ás áreas de Coñecemento do Medio e Lingua Galega, polo que o seu tratamento é interdisciplinar.

Nivel educativo:

Terceiro ciclo de Educación Primaria.

Obxectivos

  • Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.

  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese, creatividade na aprendizaxe e espírito emprendedor.

  • Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.

  • Coñecer e utilizar de maneira apropiada a lingua galega e desenvolver hábitos de lectura

  • Coñecer e valorar a súa contorna natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción, coidado e mellora do mesmo, con especial atención ás singularidades de Pontevedra.

  • Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe e a comunicación interpersoal, das tecnoloxías da información e a comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.

  • Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas, desenvolvendo a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para gozar das obras e manifestacións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.

  • Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.

  • Coñecer e valorar os trazos básicos do patrimonio cultural, histórico e artístico de Pontevedra, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e individuos, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Contidos

 

Conceptos:

  • Identificación dos diferentes ámbitos aos cales se pertence: familia, escola, aldea/vila/barrio e cidade, Galicia.

  • Recoñecemento dos referentes colectivos que manteñen a identidade da propia aldea, parroquia, vila, barrio, cidade, área metropolitana (símbolos, lugares de interese, monumentos emblemáticos, personaxes, institucións, tradicións, nomes das rúas e prazas...).

  • Localización da propia cidade e doutras agrupacións de poboación nun mapa da provincia, de Galicia, de España, etc., ou noutros medios (SIGPAC, Google Earth...).

  • Iniciación ao uso de planos e mapas da cidade.

  • Identificación dalgúns elementos xeográficos e do relevo do contorno (montañas, ríos, rías, lagoas).

  • Recoñecemento e valoración do significado dalgunhas pegadas antigas no contorno (tradicións, edificios, obxectos, manifestacións artísticas).

  • Identificación dalgunhas evidencias do pasado no contorno propio (na aldea, na localidade, na vila, na cidade...): os vestixios e os museos.

  • Participar en situacións de comunicación.

  • Redactar correctamente un texto expositivo. >

  • Extraer información dun texto expositivo.

  • Analizar e elaborar un texto.

  • Ampliar o vocabulario sobre a cidade.

  • Expresar opinións.

Procedementos:

  • Orientación no plano.

  • Uso da linguaxe formal.

  • Análise e exposición dun texto

  • Exposición oral dun informe.

  • Capacidade de escoita.

  • Capacidade de negociación e de resolución de conflitos.

  • Coñecer e saber utilizar as opcións de busca dun buscador como Google.

  • Realizar buscas efectivas en Internet.

  • Saber utilizar un Procesador de Texto

  • Saber utilizar un Presentador Multimedia

Actitudes:

  • Preocupación e interese pola presentación dos traballos escritos e orais.

  • Participación activa en situacións de comunicación colectivas e respecto polas normas básicas que regulan a comunicación oral.

  • Interese polo patrimonio histórico-cultural da nosa cidade.

Competencias:

  • Competencia en comunicación lingüística.

  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

  • Tratamento da información e competencia dixital.

  • Competencia social e cidadá.

  • Competencia cultural e artística.

  • Competencia para aprender a aprender.

  • Autonomía e iniciativa persoal.

Temporalización:

Este proxecto intentará levarse a cabo en 10 períodos de clase de 50 minutos cada un, entre os meses de outubro e xaneiro de 2009/10.

Recursos:

  • Visita guiada á cidade

  • Biblioteca escolar.

  • Planos de Pontevedra.

  • Folletos de información e turismo.

  • Ordenadores con acceso a Internet.

  • Procesador de Texto .

  • Editor de imaxes .

  • Presentador Multimedia .

  • Cámara dixital.

  • Impresora.